Escudo Concello de Vigo

Xerencia Municipal de Urbanismo

Planeamento e Xestión

Área de Planeamento e Xestión

  • Enderezo: Xerencia Municipal de Urbanismo. Praza do rei s/n. 36202 Vigo.
  • Teléfonos de información: 986 810 325
  • Email: urb.planeamento@vigo.org
  • Web: www.vigo/planeamento
  • Horario de atención: venres de 9:00 a 13:30 horas previa cita.

A Oficina de Planeamento e Xestión está encargada da redacción e tramitación de todo tipo de plans urbanísticos, tanto de iniciativa pública como privada e do seguimento e execución do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU).

Entre os servizos que se prestan, están os de información e asesoramento especializado sobre o desenvolvemento do PXOM, información urbanística, avaliación ambiental estratéxica de plans e programas, expedición de informes, certificacións urbanísticas, actas de liña e rasante, e contestación a consultas urbanísticas especiais.

En relación coa execución do planeamento, nesta oficina lévase a cabo a información, seguimento e control dos instrumentos de equidistribución e proxectos de urbanización ata a súa recepción.

Servizos que se prestan

  • Asesoramento técnico.
  • Información sobre planeamento urbanístico: Plan xeral (PXOM) e Plans de desenvolvemento.
  • Información sobre programación e estratexia de actuación do PXOM.
  • Expedición de:
    • Informacións urbanísticas.
    • Certificacións urbanísticas.
    • Cédulas urbanísticas.
    • Actas de liñas e rasantes.
  • Resposta a consultas urbanísticas especiais.
  • Tramitación e seguimento da avaliación ambiental estratéxica (AAE) de plans e programas.
  • Tramitación e asesoramento de instrumentos de equidistribución (proxectos de reparcelamento ou proxectos de compensación) e instrumentos de normalización de predios.
  • Redacción, tramitación, seguimento e recepción de Proxectos de Urbanización.

Trámites de Planeamento e Xestión

A Sede Electrónica proporciónalle unha listaxe cos trámites relacionados con este servizo, ademais de toda a documentación necesaria, os formularios e impresos, taxas e demais cuestións relacionadas con cada un.