Escudo Concello de Vigo

Maiores

Centros Sociais

Os Centros Sociais pódense definir como institucións de información social, entretemento e dinamización sociocultural e comunitaria, cun ámbito territorial determinado, cuxas actividades van dirixidas, de modo xeralista, ao conxunto da poboación.

Algunhas actividades como obradoiros de informática, aeróbic, pilates, conferencias sobre cine e outras artes, excursións, adoitan ter, polo seu carácter participativo, unha gran aceptación por parte dos veciños do barrio no que están ubicados.

Como servizos comúns e prácticamente fixos inclúen bar, biblioteca, salón de actos e sá de exposicións.

  • Centro Social de Coia.
    • Enderezo: Rúa Cangas, 1.
    • Teléfono: 986 207 133
  • Centro Social do Calvario.
    • Enderezo: Rúa Numancia, 3.
    • Teléfono: 986 270 436
  • Centro Social de Rivera Atienza.
    • Enderezo: Avenida Martínez Garrido, s/n.
    • Teléfonos: 986 261 859 / 986 261 877
  • Centro Social de Teis.
    • Enderezo: Avenida de Buenos Aires, 14.
    • Teléfono: 986 262 427
  • Centro Social de Bouzas.
    • Enderezo: Recheo de Bouzas, s/n.
    • Teléfono: 986 208 452
  • "Fogar do Maior de Vigo".
    • Enderezo: Rúa Pi y Margall, 84.

As actividades ofrécense no marco dunha programación e un calendario para cada período lectivo ou curso e non son fixas.

A inscripción como usuario do Centro é gratuita e as taxas por asistencia ás actividades son mínimas.