Escudo Concello de Vigo

Sanidade e Saúde

Actividades 2010

1. Programa de "actividade física saudable"No que se impartirá unha ou dúas sesións semanais de unha hora de duración, nos diferentes espazos facilitados por once Asociacións da cidade. Estas actividades pretenden aportar á poboación as bases para achegarse ó coidado do corpo e a obtención de hábitos saudables. O abano de actividade ofertada ás diferentes asociacións son:

  • Tai Chi: Arte marcial Chinés coñecido polos seus beneficios sobre o sistema articular e como método de meditación e relaxación.
  • Ximnasia de mantenemento: Ximnasia suave a nivel de iniciación que facilita o achegamento da poboación de maior idade aos movementos básicos e necesarios para a vida cotián.
  • Pilates: Método de concienciación corporal que combina o esforzo muscular coa corrección postural.
  • Actividade física saudable: mistura de tareas enfocadas á terceira idade, con exercicios para a mellora da mobilidade articular e o mantemento dun tono muscular axeitado para esa franxa de idade.

As asociacións onde se pode practicar estas actividades son:

  1. Asociación de Veciños de Coruxo
  2. Asociación de Veciños do Calvario
  3. Unión Veciñal, cultural e deportiva de Candeán
  4. Asociación de Veciños Praza da Miñoca
  5. AVCR San Mamede de Zamáns
  6. Asociación de Veciños "O Carballo" de Sárdoma
  7. Asociación de Veciños "A Unión" de Matamá
  8. Asociación de Veciños Pontenova-Freixeiro
  9. Centro Veciñal e cultural de Valladares
  10. Asociación de Veciños de Teis
  11. Sociedade cultural, recreativa e deportiva "Nautilius" de San Andrés de Comesaña

Datas e horarios das actividades nas Asociacións de Veciños

Período de execución: 1 de Febreiro a 28 de Maio de 2010.

2. Elaboración dun mapa da cidade con 8 rutas urbanasElaboración dun mapa da cidade con propostas de 8 rutas urbanas de diferente dificultade e que sexan accesibles para o público en xeral. Os mapas recollen información gráfica cos perfís das rutas, as distancias en cada unha delas, a fórmula para o cálculo das calorías aproximadas, os niveis de intensidade e dificultade, e a descripción de cada ruta. O obxectivo da elaboración destas rutas é dotar de información a todos os vigueses para que poidan levar a cabo exercicio regular dentro do seu entorno e na súa vida cotiá. Fomentar a execución en grupo destas rutas é outro dos obxectivos plantexados. Estes mapas poden descargarse en soporte informático dende esta páxina.

Rutas urbanas saudables: (Descargar en pdf)

- Ruta 1: Náutico. 6.900 metros. Dificultade media.
- Ruta 2: Bouzas. 6.150 metros. Dificultade media.
- Ruta 3: Castelao. 5.200 metros. Dificultade media-baixa.
- Ruta 4: Praza de España. 4.500 metros. Dificultade baixa.
- Ruta 5: Oliveira. 4.100 metros. Dificultade baixa.
- Ruta 6: Sereo. 5.550 metros. Dificultade media.
- Ruta 7: Teis. 3.450 metros. Dificultade baixa.
- Ruta 8: Calvario. 3.550 metros. Dificultade baixa.

Período de execución: todo o ano.
3. Camiñatas

Camiñatas, de aproximadamente dunha hora de duración tres días á semana, (luns, mércores e venres) co asesoramento e acompañamento dun Técnico en Educación Física, que percorrerá cada día unha Ruta Urbana Saudable co grupo de cidadáns que o desexe. Os asistentes poden ser de calquera idade e contarase con material de apoio (podómetros) para facer un seguemento das distancias e calorías consumidas, relacionando finalmente estas variables coa mellora da saúde. Comezarase o luns 1 de febreiro coa ruta 1, o mércores 3 coa 2, o venres 5 coa 3, o luns 8 coa 4 e así de xeito sucesivo, Horario: 19 a 20 horas.

Calendario das camiñatas polas rutas urbanas da cidade

Convocarase aos participantes nas seguintes localizacións:

- Ruta 1: Estatua do nadador fronte á estación marítima.
- Ruta 2: Pérgola de Genaro de la Fuente na Avenida Eduardo Cabelo, xunto á rotonda do mercado de Bouzas.
- Ruta 3: Praza de América, no inicio da Avda. Castelao.
- Ruta 4: Praza de España, xunto á caseta de información de Turismo.
- Ruta 5: Olivo de Vigo no Paseo de Alfonso
- Ruta 6: Monumento do Sereo, xunto á caseta de información de Turismo.
- Ruta 7: Acceso principal ó mercado de Teis.
- Ruta 8: Acceso principal ó mercado do Calvario.

Período de execución: 1 de Febreiro a 30 de Xuño de 2010.

4. Zona de promoción de hábitos de vida saudable

Para levar a cabo este proxecto o Concello de Vigo dota á Unidade Concello Saudable dun espazo propio no segundo andar xunto ao departamento de Sanidade, que conta cun Licenciado en Educación Física e un Técnico Superior en Dietética e Nutrición Humana, ademais dun equipamento moi completo que permite a medición e rexistro do peso, altura, flexibilidade, índice de masa corporal, entre outros. Esta dotación de medios humanos e materiais están á enteira disposición de calquera cidadán que o precise, sen custo algún e dun xeito totalmente confidencial. Para todos aqueles que o soliciten, poderán asesorarse nos diferentes programas de actividade física, nutrición e loita contra hábitos nocivos, ademais de poder optar a soportes nutricionais e informes das medicións levadas a cabo.

Período de execución: Este espazo está aberto ao público todo o ano, de luns a venres e de 10 a 14 horas.

 

Practicando Tai Chi

 

Practicando Pilates