Escudo Concello de Vigo

Tráfico e Transportes

Estacionamento zona azul (XER)

Oficina de Xestión do Servizo X.E.R.

  • Enderezo: Rúa Pracer, 27 Bajo, 36202 - Vigo
  • Teléfono atención al público: 900 102 375
  • Web: www.xervigo.com

O servizo de regulación de aparcadoiro en superficie, ten por obxecto a racionalización do espazo dispoñible para o estacionamento de vehículos na vía pública, cubrindo a necesidade de repartir as sempre limitadas e escasas prazas dispoñibles.

Horario

  • De 9 a 14 horas, e de 16 a 20 horas, de luns a venres agás festivos, nas vías do municipio incluídas no ámbito de aplicación.

Prezos

Os prezos están regulados na Ordenanza Fiscal 34ª: Estacionamento de vehículos.

  • O máximo tempo de aparcamento é de 2 horas.
  • Os residentes poderán gozar de tarifas reducidas sen límite de tempo no estacionamento.
  • Poden adquirirse tearxetas de estacionamento trimestral ou anual.

Lista de trámites

Autorización de Acceso ao Casco Histórico en Caso de Necesidades Especiais

Terán dereito de acceso, previa autorización, ao Casco Vello Alto para poder circular con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, aquelas persoas que pretendan axudar as persoas de avanzada edade ou con condicionantes de mobilidade que residindo na zona afectada precisen ser recollidas ou trasladadas mediante un vehículo, e non se atopen en ningún dos supostos anteriormente regulamentados.

A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.

Autorización de Acceso ao Casco Histórico para Residente Usuario de Vehículo de Empresa coa que Mantén Relación Laboral Contractual

Os residentes do Casco Vello Alto para poder circular con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, deberán obter autorización municipal (distintivo e máis tarxeta magnética intelixente), previa solicitude do interesado nas oficinas administrativas da Policía Local, achegando a documentación que se indica nos apartados seguintes.

A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.

Autorización de Acceso ao Casco Histórico para Residente con Vehículo en Réxime de Arrendamento Financeiro (Leasing ou Renting)

Os residentes do Casco Vello Alto para poder circular con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, deberán obter autorización municipal (distintivo e máis tarxeta magnética intelixente), previa solicitude do interesado nas oficinas administrativas da Policía Local, achegando a documentación que se indica nos apartados seguintes.

A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.

Autorización de Acceso ao Casco Histórico para Usuarios de Garaxe

Para poder circular polo Casco Vello Alto con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, deberán obter autorización municipal (distintivo e máis tarxeta magnética intelixente), previa solicitude do interesado nas oficinas administrativas da Policía Local, achegando a documentación que se indica nos apartados seguintes.

A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.

Solicitude de Distintivo de Residente en Zona XER Vehículo Alugado (Leasing ou Renting)

O estacionamento de vehículos de tracción mecánica, en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas, de luns a venres agás festivos, nas vías do municipio incluídas no ámbito de aplicación da "Ordenanza Reguladora do Servizo de Aparcamento de Vehículos na Vía Pública", suporá o pago dunha taxa mediante máquinas expedidoras de tikets na Cidade de Vigo.

Mediante esta tarxeta os usuarios residentes neste tipo de vías beneficiaranse de prezos reducidos establecidos na correspondente normativa fiscal en vigor.

Solicitude de Distintivo de Residente en Zona XER para Vehículo de Empresa

O estacionamento de vehículos de tracción mecánica, en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas, de luns a venres agás festivos, nas vías do municipio incluídas no ámbito de aplicación da "Ordenanza Reguladora do Servizo de Aparcamento de Vehículos na Vía Pública", suporá o pago dunha taxa mediante máquinas expedidoras de tikets na Cidade de Vigo.

Mediante esta tarxeta os usuarios residentes neste tipo de vías beneficiaranse de prezos reducidos establecidos na correspondente normativa fiscal en vigor.

Solicitude de Distintivo de Residente en Zona XER para Vehículo en Propiedade

O estacionamento de vehículos de tracción mecánica, en horario de 9 a 14 horas, e de 16 a 20 horas, de luns a venres agás festivos, nas vías do municipio incluídas no ámbito de aplicación da "Ordenanza Reguladora do Servizo de Aparcamento de Vehículos na Vía Pública", suporá o pago dunha taxa mediante máquinas expedidoras de tikets na Cidade de Vigo.

Mediante esta tarxeta os usuarios residentes neste tipo de vías beneficiaranse de prezos reducidos establecidos na correspondente normativa fiscal en vigor.

Tarxeta de Accesibilidade para Persoas con Minusvalía para o Transporte Público

Mediante esta tárxeta poderá solicitar ao conductor que lle facilite o acceso aos asentos reservados no transporte público para persoas con minusvalía.

A solicitude estará supeditada ao Certificado de Cualificación de Minusvalia, expedido pola Xunta de Galicia.

Tarxeta de Estacionamento para Persoas con Minusvalía

Autorización para estacionamento en zona reservada para discapacitados.