- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Cultura
- Museos, Fundacións e Centros culturais
- Arquivo fotográfico Pacheco
Cultura
Arquivo fotográfico Pacheco
Horario:
- Luns a venres: de 10 a 13 e de 18:30 a 20:30 horas.
- Sábados: de 11 a 13:30 horas.
- Domingos e festivos: pechado.
Servizos:
- Grupos con cita previa.
- Aforo limitado.
- Visualización de imaxes do proxecto "La Galería".
O arquivo Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos de titularidade pública sobre a cidade de Vigo.
A colección está composta por un total de 140.000 imaxes que abarcan o período que vai dende finais do século XIX até a década dos anos 70. A variedade temática é unha das notas predominantes, constituíndo unha completa crónica da cidade.
A autoría das fotografías corresponde a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia.
O Concello de Vigo adquiriu a colección en maio de 1991.