- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Voluntariado (OMV)
- Voluntariado en Eventos na Cidade
Voluntariado (OMV)
Voluntariado en Eventos na Cidade
Trátase de potenciar a participación cidadá a través do voluntariado para cubrir determinados eventos relevantes na cidade de Vigo, dende Campeonatos Deportivos de especial interese (Volvo Ocean, Vuelta ciclista a España, Campeonatos de baloncesto,…) ata outros eventos de carácter festivo, onde a actuación do persoal voluntariado é imprescindible para a súa organización.
As súas principais actuacións son:
- Avituallamento dos participantes
- Asistencia aos participantes
- Reforzo nos cortes de tráfico
- Outros
Próximas actividades
Dende a Oficina Municipal de Voluntariado temos a ben informarvos de que se van levar a cabo as seguintes actividades, para as cales precisamos persoas voluntarias:
- Exhibición motociclismo: O sábado 11/08/12 de 18:30-21:30 horas, precisánse persoas voluntarias para a exhibición de motociclismo na que participara o campeón do mundo de 125 cc, Marc Márquez e compañeiros seus, tamén pilotos de Repsol Honda (pilotos Estrela Galicia 0,0)”.
- Eventos puntuales que precisan personas voluntarias
