- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Persoas discapacitadas
- Centros de Asistencia
Persoas discapacitadas
Centros de Asistencia
En canto aos centros de asistencia, o centro público máis próximo atópase en Redondela, é un centro público da Xunta de Galicia xestionado por Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar.
Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD)
Enderezo: Barrio Parada, 87. 36320 Chapela - Redondela.
Teléfono: 986 451 255
Fax: 986 451 441
Condicións de admisión
- Ter unha discapacidade psíquica profunda ou severa, ou media con deficiencias físicas o sensoriais asociadas de carácter grave.
- Ter recoñecido no certificado de minusvalía máis dun 75%.
- Ser maior de 16 anos e menor de 60 anos.
- Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
- Non precisar atención continuada de institucións sanitarias.
- Non padecer trastornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia do centro.
Documentación esixida: calificación legal da discapacidade, xustificantes de ingresos, documentos identificativos, etc.
Servizos: médico, psicolóxico, departamento social, terapia ocupacional, fisioterapia, aloxamento, comedor, lavandería, perruquería, biblioteca.
Actividades
- Consta de sete aulas, nas cales se realizan as seguintes actividades:
- de elaboración (plástica)
- Pre-deporte
- Música
- Linguaxe
- Pre-interpretación
- Expresión corporal
- Xogos de mesa
- Ten dous Pre-talleres: un de barro e outro de madeira.
- Programación anual de ocio, tanto no interior coma no exterior do centro.
