Escudo Concello de Vigo

As Illas Cíes

Ruta do Alto do Príncipe

  • Distancia: 3 Km
  • Duración: 1h
  • Tipo de ruta: non circular
  • Dificultad: baixa

Partindo da caseta de información, collemos a pista de Rodeiras á dereita que nos leva á praia de Figueiras (300m). Nesta zona podemos ver o complexo dunar de Figueiras-Muxieiro -protexido por valados-, que posúe unha representación das especies propias destes fráxiles ecosistemas, como a camariña (Corema album) ou o tomiño bravo (Helichrysum picardii).

O camiño segue ascendendo até que chegamos á encrucillada principal da illa de Monteagudo (20 min). Desviámonos á esquerda, por un camiño que nos conducirá ao alto do Príncipe. Desde aquí podemos deleitarnos coas impresionantes vistas dos cantís -desde a Cadeira da Raíña-. Neste punto tamén destaca o contraste entre as dúas vertentes das illas; a cara oeste moito máis abrupta.