Volver á paxina principal

Cidadanía: Deportes

O termo municipal de Vigo constitúe o marco asociativo máis importante da Comunidade galega, con máis de 300 entidades deportivas englobadas en máis de 25 federacións.

A concellería de Deportes é a encargada de dotar de infraestructuras a cidade, organizar grandes eventos e apoiar os clubes deportivos a través de subvencións. Comparte as súas responsabilidades co Instituto Municipal de Deportes (IMD), un organismo autónomo que ten por función executar e controlar os programas deportivos do concello.

Na tempada 2001-2002, o IMD puxo en marcha, entre outros, o programa 'Máis ca deporte', para promocionar as escolas deportivas entre os nenos. Tamén organiza actividades de iniciación ó deporte, xogos, competicións recreativas e deporte para diminuídos.

Web do IMD