Escudo Concello de Vigo

Servizos cidade

Vigo Wifi

O Concello de Vigo ofrece o servizo de acceso a Internet por redes inalámbricas WIFI para a consulta de información e acceso aos servizos de Administración Electrónica. Actualmente pode atopar puntos de acceso a Internet WIFI nalgunhas instalacións municipais así como en certas áreas urbanas dentro dun proxecto piloto de Redes de Acceso Inalámbrico:

  • Wifi urbano: Experiencia piloto de acceso a Internet de Banda Ancha en zonas públicas aos cidadáns (Proxecto de Instalación de Rede de Acceso Inalámbrico no Concello de Vigo).
  • Instalacións municipais: Instalacións de carácter municipal que ofrecen servizo de conexión a internet mediante Wifi. Para a utilización do servizo deberá ter en conta a normativa específica de cada entidade.
Vigo Wifi

Últimas noticias municipais