Escudo Concello de Vigo

Igualdade

Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

  • Enderezo: Rúa Romil, 20. 36202 Vigo.
  • Telefóno: 986 293 963.
  • Fax: 986 201 153
  • Consulta xurídica on-line: osnososdereitos.muller@vigo.org
  • Horario: de luns a venres de 9 a 13:30 horas e xoves de 15 a 18 horas.

Servizo municipal de información e asesoramento ás mulleres adscrito á  Concellería de Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás vítimas da violencia.

O Centro é atendido por un equipo de profesionais composto por unha psicóloga, unha avogada, unha traballadora social e unha administrativa.

É a vía de entrada ao Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI), así como ao Centro de Emerxencia para vítimas de violencia de xénero.

Programas Xerais:

  • Programas de información e asesoramento xurídico, social e psicolóxico.

Programas dirixidos a mulleres vítimas da violencia:

  • Programa de asistencia psicolóxica especializada: asesoramento, intervención en crise, terapia individual, terapia grupal e terapia familiar.
  • Programa de asesoramento e apoio social: información, orientación e asesoramento acerca de recursos de aloxamento e/ou acollemento, recursos educativos, recursos e prestacións socio-económicas, escolarización e coidado das fillas e fillos, información e derivación a recursos de emprego, recursos e apoio social e de saúde.
  • Programa de asesoramento e asistencia xurídica: asesoramento en todo tipo de consultas penais, de dereito e de familia. Asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia. Asistencia nas xestións xurídicas que procedan.