Escudo Concello de Vigo

Cultura

Igrexa da Inmaculada Concepción

  • Arquitecto: Antonio Román Conde
  • Ano: 1968
  • Localización: rúa do Cronista J. Espinosa

Esta igrexa, situada no popular barrio do Calvario, segue unha liña arquitectónica inspirada en Le Corbusier.

Está caracterizada polo uso de ángulos rectos, que se elevan cara ao ceo. No interior obtense a luz a través de celosías de vidro e plástico. O material máis utilizado é o formigón, tanto para a realización dos triángulos exteriores como para a plataforma do coro.