Escudo Concello de Vigo

Igualdade

Centro de documentación y recursos feministas

  • Enderezo: Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, R/ Joaquín Yáñez, 6, 2º andar (Casco Vello), 36202- Vigo.
  • Teléfono: 986 229 074
  • Email: centro.documentacion.feminista@vigo.org
  • Máis información e novas acerca das actividades en : www.igualdadevigo.org
  • Horario:
    • Os luns e venres: de 10:30 a 13:30 horas.
    • Os martes, mércores e xoves: de 16:30 a 20:30 horas.
    • Xullo: de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas.
    • Agosto: pechado.

O "Centro de Documentación e Recursos Feministas" é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.

Este centro está integrado na Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres, e depende da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

Entre os obxectivos do Centro de documentación, podemos sinalar:

  • Visibilizar as achegas das mulleres á sociedade.
  • Ser un lugar de encontro e de intercambio de información e experiencias.
  • Reunir e conservar documentos elaborados polo Movemento Feminista.

O servizo ofrece ao público:

  • Atención directa ou por medios telemáticos.
  • Consulta de documentación en sala de lectura.
  • Préstamo a domicilio.
  • Préstamo interbibliotecario.
  • Asesoramento documental.
  • Busca en base de datos.
  • Asesoramento documental e actividades de extensión cultural (presentación de libros, videoforum, club de lectura, faladoiros, etc).

Ten un fondo documental que consta de 10.400 volúmenes; 151 títulos de publicacións periódicas e 970 unidades de material audiovisual.