Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Proxectos anteriores

Imos Traballar 2

  • 255 beneficiarios/as ( Menores de 25 o 17,58%).
  • Importe do proxecto 1.662.896,87 €.
  • Subvención do FSE 1.330.317,50 €.
  • Concello de Vigo 332.579,37 €

O proxecto "Imos Traballar II", cofinanciado polo Fondo Social Europeo, ten a finalidade de responder ás necesidades xeradoras de emprego no municipio de Vigo e favorecer a preparación de procedementos de acordo de cara a mellorar o actual Pacto local polo emprego do Concello de Vigo.

Ofrecerase unha orientación personalizada, unha valoración das súas competencias profesionais e a oportunidade de cursar formación específica axeitada ao seu perfil e necesidades, xunto coa realización de prácticas profesionais que acompañen á devandita formación, para así lograr a inserción, tanto social coma laboral, dos e das participantes no proxecto.

En colaboración cos axentes sociais de maior implantación en Vigo (sindicatos de UGT, CC.OO. e CIG e organizacións patronais CEP, AJE e APE), impártese formación para 255 desempregados/as durante os anos 2012 e 2013, cunha axuda ou beca de asistencia por importe do 75% do IPREM en:

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
  • Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
  • Operacións básicas de cociña.
  • Operacións básicas de restauración.

Imos traballar

  • 501 beneficiarios/as.
  • Importe do proxecto 2.566.946,55 €.
  • Subvención do FSE 2.053.557,24 €.
  • Concello de Vigo 513.389,31 €.

Proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, xa finalizado, tivo como obxectivo mobilizar os recursos locais para acadar a creación de emprego, así como identificar actividades susceptibles de xerar novos empregos e dotar das ferramentas necesarias para establecer un proceso continuo de desenvolvemento da política local do emprego. xestionados polas entidades colaboradoras APE, AJE, CCOO, CEP, CIG e UGT desenvolvéronse diversos itinerarios formativos de inserción laboral. Este proxecto rematou o 31/08/2011.

Vigo polo emprego da mocidade

Logos empleo juventud

Proxecto Nº 1120 - Proxecto cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e a Garantía Xuvenil

Importe aprobado: 1.048.928,36 €

Período de execución: xullo de 2017 a decembro de 2018.

66 beneficiarios/as

Proxecto de formación para o emprego a comenzar no 2018 financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo, destinado a formar para o emprego a 165 mozos e mozas menores de 30 anos inscritos no Plan de Garantía Xuvenil con especiais dificultades de inserción laboral, co obxectivo de lograr que polo menos o 65% logren un traballo ao finalizar o programa.

O proxecto "Vigo polo emprego da mocidade" inclúe a realización de actividades formativas con 4 itinerarios formativos diferentes, todos eles baseados en certificados de profesionalidade:

  • Xestión de pemes
  • Confección e publicación de páxinas web
  • Axudante de cociña