Escudo Concello de Vigo

Web Municipal

Accesibilidade web

O Concello de Vigo comprometeuse a facer accesible os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao portal: hoxe.vigo.org

Situación de cumprimento

Os portais do concello deseñáronse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación coa accesibilidade e a usabilidade, e revísanse polo menos de forma semestral para mantelos actualizados. Non entanto, é posible que atope algún contido que non se adapte ao 100% a estes estándares.

Os sitios webs do concello son parcialmente conformes co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  • Falta de conformidade co RD 1112/2018
    • Nos portais puidesen existir contidos noutros idiomas nos que non está etiquetaxe correctamente o cambio de idioma
    • Nalgúns contidos podería detectarse certa falta de contraste
    • Nalgunhas páxinas poderían identificarse problemas na xeración do html (ex. listas incorrectamente formadas, táboas que non cumpren por completo a normativa de accesibilidade, textos de ligazóns demasiado longos e iframes sen a información necesaria)
  • Carga desproporcionada
    • Non aplica
  • Contido que non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
    • Poderían existir documentos en PDF ou outros formatos ofimáticos e contidos multimedia que non cumpran na súa totalidade os requisitos de accesibilidade esixidos.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración de accesibilidade foi preparada o 8 de xaneiro de 2020.

O método empregado para a presente declaración foi unha autoevaluación realizada polo propio Concello baseada nos informes xerados polo Observatorio de Accesibilidade.

Última revisión da declaración: na data indicada.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a de o RD 1112/2018) por exemplo:

  • informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • transmitir outras dificultades de acceso ao contido
  • formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

a través do formulario de contacto deste sitio web.

As comunicacións serán recibidas e tratadas polo Servizo de Administración Electrónica do Concello de Vigo.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Estes sitios web:

  • Deseñáronse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación á accesibilidade, cumprindo cos puntos de verificación de prioridade 2 (AA) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG 2.1)
  • Cumpren cos requisitos da Norma UNE-EN 301549 v1.1.2:2015 considerando as excepcións do Real Decreto 1112/2018
  • Están deseñados para a súa correcta visualización en dispositivos de escritorio, tablets e móbiles para unha resolución mínima de 1280x1024.
  • Están implementados utilizando HTML5 como linguaxe de marcado e follas de estilo CSS 3 para o seu deseño. Verificouse a accesibilidade mediante a ferramenta de validación do código HTMLNueva ventana, sendo o resultado desta análise positiva
  • Están deseñado para o seu uso con javascript non intrusivo ofrecendo, no caso de que o seu navegador non o soporte, a súa correspondente alternativa non javascript
  • No caso de que o usuario acceda ao portal a través dun navegador que non soporte follas de estilo, o marcado estrutural permite a correcta visualización de todos os contidos. Se se selecciona a opción sen estilo, visualizaranse as páxinas sen ningún tipo de formato visual

Hai que ter en conta que para realizar operacións con sinatura electrónica o navegador debe utilizar javascript e os compoñentes clientes de sinatura electrónica necesarios.

Teclas de acceso rápido

Premendo unha combinación de teclas determinada poderá acceder rapidamente a determinadas páxinas ou contidos da páxina.

  • e Escoitar os contidos
  • 0 Accesibilidade
  • 1 Páxina de inicio
  • 2 Contacto  - Suxestións
  • 3 Mapa Web

Dependendo do navegador que utilice, o procedemento é distinto. Deseguido explicamos o funcionamento para os navegadores máis habituais.

  • Internet Explorer 5 e superiores (Windows): Manteña premida a tecla Alt, prema o número ou letra da tecla de acceso, solte ambas as teclas, e prema ENTER.
  • Firefox 2 (Windows): Manteña premida a tecla Maiúsculas e Alt ao mesmo tempo e prema o número ou letra da tecla de acceso.
  • Firefox, Mozilla e Netscape 7+ (Mac OS X): Manteña premida a tecla Ctrl e prema o número ou letra da tecla de acceso
  • Safari e Omniweb (Mac OS X): Manteña premida a tecla Control e prema o número ou letra da tecla de acceso.
  • Konqueror (Linux): Manteña premida a tecla Control e prema o número ou letra da tecla de acceso.

Tamaño do texto

Se desexa cambiar o tamaño do texto deste sitio web, pode facelo a través de no propio navegador, no menú “Ver”, opción “Tamaño do texto”, pode aumentar ou reducir o tamaño das letras.

Declaración de accesibilidade

A accesibilidade das páxinas de este sitio web revísanse previamente a súa publicación.

Conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI