Oficina Municipal Xestora da Rehabilitación da Vivienda
A Oficina de Rehabilitación está encargada de tramitar as axudas establecidas e comprometidas para a posta en valor dos ámbitos históricos da cidade e outros como as ARIs de Coia e Santa Clara. Suxire intervencións nos espazos públicos, alicientes que se valoran para xerar novas intervencións nas áreas da cidade.
Servizos que se prestan
- Asesoramento técnico, visitas técnicas, suxestións de intervención óptima nos inmobles, supervisión de orzamentos e facturas.
- Información de axudas dos distintos plans de vivenda.
- Información das axudas compatibles dentro dos ámbitos e liñas de financiamento:
- Conxuntos históricos,
- Patrimonio histórico municipal,
- Consorcio do Casco Vello,
- IDAE,INEGA, IGAPE, etc...
- Información aos técnicos encargados da redacción de proxectos de obras maiores
- Redacción de documentación técnica para a obtención de licenzas de obras menores.
- Seguimento de tramitación das licenzas solicitadas.
- Estreita colaboración cos propietarios e propietarias.
- Colaboración con servizos sociais en casos de insolvencia.
Delimitación das Áreas de Rehabilitación Declaradas no Concello de Vigo
Normativa Reguladora
- Bases reguladoras aplicables á concesión de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas nas ARIs de Vigo con financiamento do Programa de Rexeneración e Renovación Urbanas do Plan Estatal de Fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.
- Plan Estatal 2013-2016
- Resumo na web do Ministerio de Fomento
- Real Decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal 2013-2016.
- Orde do 9 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal 2013-2016.
- Orde FOM/2252/2014, do 28 de novembro, pola que se determina a efectividade das liñas de axudas previstas no RD 233/2013.
- Real Decreto 637/2016, de 9 de decembro, polo que se prorroga o Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, regulado polo Real Decreto 233/2013, de 5 de abril.
- Aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do Plan Estatal 2013-2016
- Convenio de colaboración asinado entre o Ministerio de Fomento e a C.A. de Galicia para a execución do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.
- Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Orde do 23 de xuño de 2017 pola que se procede a abrir o prazo para solicitar a participación na prórroga do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as súas bases reguladoras e as das axudas autonómicas previstas para este programa.
- Resolución do 1 de agosto de 2017 da Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo, pola que se publica o Convenio de colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución da prórroga do Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.
- Normativa reguladora dos Plans Vivenda anteriores
Axudas nas ARIs Declaradas
Na cidade de Vigo declaráronse catro áreas de rehabilitación, en 1997 a do Casco Vello en 2003 a do Barrio Histórico de Bouzas, en data 22/07/2015 decláranse as Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana do Grupo de Casas de Santa Clara e Bueu-Moaña en Coia.
En data 27/10/2015 asináronse os acordos da Comisión Bilateral correspondentes ás catro Áreas de rexeneración e renovación urbana do concello de Vigo.
O 26/11/2015 foron publicadas no BOP de Pontevedra as bases dunha segunda Convocatoria de subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas nas Aris de Vigo con financiamento do Programa de Rexeneración e Renovación urbanas do Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016. expte. 8540/407 aprobadas en Consello de Xerencia de data 13/11/2015
O prazo de presentación de solicitudes foi dun mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación no BOP, finalizando o prazo o 26 de decembro do 2015.
Posteriormente abriuse unha nova convocatoria nas catro ARIS do Concello de Vigo, publicada no BOP o 29/06/2016, con número de EXPTE. 8540/407 e con financiamento do Programa de Rexeneración e Renovación urbanas do Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.
O prazo de presentación de solicitudes foi dun mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación no BOP. Rematando o 30/07/2016.
Na actualidade:
Prórroga do Plan Estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.
No Boletín Oficial do Estado número 298 do 10/12/2016 publicouse o Real Decreto 637/2016, de 9 de decembro, polo que se prorroga durante un ano o Plan Estatal 2013-2016.
Con data 31/12/2016 remataba a vixencia dos acordos da Comisión Bilateral asinados o 27/10/2015 e 10/06/2016 relativos ás actuacións nas ARIs de Vigo ao abeiro do Plan Estatal 2013-2016.
Como consecuencia da prórroga aprobada polo citado Real Decreto, as actuacións suxeitas aos acordos asinados poderán executarse nun prazo máximo de tres anos dende a subscrición do acordo específico da Comisión Bilateral. (Segundo o establecido no apartado 4 do artigo 30 do RD 233/2013).
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DO CONCELLO DE VIGO DE CASCO VELLO E BOUZAS (FASES 13ª E 8ª). PLAN ESTATAL 2013-2016 PRORROGADO A 2017.
O prazo de presentación rematou o 28/09/2017. Nos vindeiros días farase a Comisión de Avaliación onde se decidirán as solicitudes seleccionadas para esta convocatoria.
CONVOCATORIA PÚBLICA DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ARIS DO CONCELLO DE VIGO. FASE 14ª DO CASCO VELLO, FASE 9ª DO BARRIO HISTÓRICO DE BOUZAS, 1ª DAS RÚAS BUEU-MOAÑA EN COIA E 1ª DE SANTA CLARA.
O prazo de presentación remata o 29/01/2018.
Nestes intres estamos a traballar na apertura de novas convocatorias para as catro Areas de Rehabilitación do Concello de Vigo. As persoas interesadas poden porse en contacto por teléfono ou email, ou achegarse pola nosa Oficina. Tamén está dispoñible o Impreso de Solicitude de Información e Visita que poden rexistrar na Xerencia Municipal de Urbanismo.
Impreso de Solicitude
Axudas complementarias
Neste apartado incorpóranse programas de axudas en vigor compatíbeis coas axudas nas ARIS.
- ORDEN de 14 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual. Publicada o 26 de marzo de 2018.
- Extracto y ORDEN de 5 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. Publicada o 23 de marzo de 2018.
- PAREER II. Convocatoria 2018
Extracto da Resolución do 14 de marzo de 2018 da Dirección General del Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, pola que se modifica a Resolución de 21 de decembro de 2017 pola que se establece a segunda convocatoria do Programa de Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética de edificios existentes (PAREER II). Publicado o 24.03.2018.
A presente modificación de Resolución producirá efectos a partir do día seguinte da publicación do seu Extracto no «Boletín Oficial del Estado».
Resolución do 14 de decembro de 2017, do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, polla que se publica a Resolución de 6 de marzo de 2017, do Consello de Administración, pola que se establecen as bases reguladoras de segunda convocatoria do programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética de edificios existentes (PAREER II).
Nesta resolución das bases reguladoras non se define a dotación económica da línea de axuda nin o prazo dende o cal se pode solicitar a axuda, xa que estes datos saberanse cando se publique a convocatoria de axudas PAREER II na Base de datos nacional de subvencións.
- RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2017 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2017 das bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17).
- RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2017 pola que se amplían os prazos de presentación de solicitudes e de xustificación establecidos na Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria. O prazo será ata o 30 de novembro
- Convocatoria de axudas para a instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos existentes para o ano 2017. Para máis información consultar a páxina de Convocatorias e Subvencións do Concello de Vigo.
- EXTRACTO da ORDE do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN423B). Prazo de presentación de solicitudes dende o día seguinte á publicación no DOGa. O prazo será de tres meses e comeza o 07/07/2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
- EXTRACTO da ORDE do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se convocan para o ano 2017 (código de procedemento IN316A).
- EXTRACTO da ORDE do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN314A).
- EXTRACTO e RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017 pola que se convocan para o ano 2017 as subvencións do Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016
- EXTRACTO e RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de instalacións fotovoltaicas nas comunidades de propietarios para o ano 2017.
- RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade da relación de entidades colaboradoras adheridas ao abeiro da Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017 (códigos de procedemento IN412E-IN412F).
- ORDE e Extracto da Orde do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.
- ORDE e Extracto de Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017 (códigos de procedemento IN412E-IN412F).
- ORDE e Extracto da Orde do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores), e se convocan para o ano 2017 (código do procedemento IN532A).
Outras axudas
Neste apartado incorpóranse outros programas de axudas: