Escudo Concello de Vigo

Educación

Rede de escolas infantís municipais

As Escolas Infantís Municipais (EIM) son centros de titularidade municipal, que escolarizan a nenos/as de 0 a 3 anos empadroados/as en Vigo, a través dos cales o Concello de Vigo ofrece á cidadanía un servizo educativo para a primeira infancia desde unha dobre vertente, educativa e asistencial, co obxecto de favorecer o desenvolvemento integral da súa personalidade así como a correcta conciliación da vida familiar e laboral.

As escolas infantís de titularidade do Concello de Vigo que constitúen a Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) son:

  1. EIM Santa Cristina-Lavadores
  2. EIM Atalaia-Teis
  3. EIM Santa Marta-Casco Vello
  4. EIM Mestres Goldar-Castrelos
  5. EIM Navia
  6. EIM Tomás Alonso
  7. EIM Casiano Martínez-Bouzas
  8. EIM Costeira-Saiáns

No portal www.escolasvigo.org podes atopar, entre outros aspectos relacionados coa oferta educativa da cidade, información detallada da REIM e as súas actividades principais.