Escudo Concello de Vigo

Apps Municipais

Vigo App: A cidade nas túas mans

logo app vigo

Vigo App - Concello de Vigo

Nova app oficial do Concello de Vigo: avisos, noticias, tráfico, turismo, tempo,...

"Vigo" é a app de Vigo máis completa, "Vigo nas túas mans"

Ver en Google Play

Google Play

A partir de Android 5 ou superior.

Ver en App Store

Google Play

A partir de IOS 9 ou superior

Información

Máis de 5.000 elementos cidade (centros e instalacións, elementos turísticos, servizos de tráfico e transporte, recursos cidade, rueiro, ...) e acceso a datos en tempo real (como o estado do tráfico, as cámaras, próximas chegadas de autobuses ou a temperatura en distintos puntos da cidade), así como acceso a información actualizada diariamente como as noticias, avisos, axenda, convocatorias,...

A app "Vigo" crea unha canle directa e bidireccional coa cidadanía. Permite ao usuario subscribirse a notificacións para recibir avisos diarios no móbil sobre as últimas noticias municipais, cortes de tráfico, eventos culturais, avisos xerais e de transporte, ofertas de emprego e subvencións.

A app "Vigo" tamén permite facer que a cidadanía participe de forma directa no avance da cidade facilitando mandar avisos sobre o estado dos servizos municipais, a cidade ou expor ideas de mellora.

A app estrutura a información en módulos ou "miniapps" e funciona coma se fose un novo sistema operativo cidade-cidadanía.