Escudo Concello de Vigo

Persoas con discapacidade

Autobús urbano

Servizo específico PMR (Persoas de Mobilidade Reducida)

Os cidadáns con mobilidade reducida dispoñen dun microbús adaptado, pertencente á concesionaria do transporte público VITRASA.

  • Obxectivo:
    • Facilitar un medio de transporte para os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida.
  • Dirixido a:
    • Persoas cun grao de minusvalía igual ou superior a un 33% tendo preferencia aquelas que viaxan en cadeira de rodas.
  • Requisitos:
    • Para a súa solicitude deben achegar o primeiro día do servizo, o certificado do organismo oficial acreditando a minusvalía.
  • Como solicitalo:
    • Os usuarios chamarán cun mínimo de 24 horas de antelación ao 986 207 474 en horario de 9:00 a 14:00 horas, indicando o punto de recollida e de regreso, se o hai, sendo estes en un lugar próximo a unha parada ou itinerario de transporte urbano.
    • O servizo préstase de luns a sábados 8:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, solicitándose, para estes últimos, o venres anterior de 9:00 a 14:00 horas.

Consultar o trámite: Servizo para persoas con mobilidade reducida (PMR).

Liñas urbanas accesibles

VITRASA ten liñas que dispoñen dunha rampla para o acceso a persoas con cadeira de rodas.

  • Liñas accesibles: C1, C2,C3, INVERSA, C5, L11.
  • Prezo: Gratuíto (para a persoa de mobilidade reducida en cadeira de rodas e acompañante).

Actualmente estase ampliando o número de liñas accesibles.

Máis información: web de VITRASA.