Escudo Concello de Vigo

Participación cidadá

Centro Municipal Casco Vello

Centro Municipal  Casco Vello

Centro inaugurado oficialmente no mes de maio de 2003.

Destaca deste Centro: o Viveiro de Asociacións, agrupadas nun marco de convivencia e traballo, organizado e exemplar, así como a cantidade e variedade de actividades que se realizan, satisfacendo as demandas de lecer e formación da veciñanza.

Viveiro de Asociacións: sede das asociacións:

  • REDE de mulleres veciñais contra os malos tratos.
  • AFAGA: asociacion de familiares de enfermos de Alzeimer.
  • AGAL-LUPUS: Asociacion galega de Lupus.
  • ASPERGA: Asociación Galega de familiares de persoas afectadas pola síndrome Asperjer
  • CENTRO Comercial Abierto Vigo Vello: asociacion de comerciantes e hosteleiros.
  • Asociacion cultural e veciñal Casco Vello.
  • FADEMGA: Federacion de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia.

Oficina Municipal de Distritos: Oficina integrada no propio Centro Municial, punto de información xeral para todos os veciños e veciñas, especialmente dos arredores.

Centro Municipal de Internet (CMI):

  • Acceso a internet por banda ancha.
  • Computadores de uso libre e gratuíto para conectarse a internet (máximo unha hora ao día).
  • Conexión inalámbrica. (Wifi) gratuíta
  • Impresora láser, escáner e gravadora.
  • É necesario facerse un carné:
    • Presentar DNI e unha fotografía.
    • Válido para todos os Centros Municipais: préstamo de libros e CMI
    • É gratuíto e non necesita renovación.
  • Normativa: normas para facilitar o correcto funcionamento dos CMI.

Instalacións:

  • Sala de reunións: aforamento para 25 persoas.
  • Sala de lectura: aforamento para 15 persoas.
  • Salón de actos: aforamento para 80 persoas.

Actividades e Servizos:

  • Servizo de préstamo de libros.
    • É necesario un carné de socio, válido para o uso do aula de internet.
    • Normativa: normas de funcionamento da biblioteca e servizo de préstamo domiciliario.
  • Libros de consulta, prensa, revistas, dicionarios e enciclopedias, literatura variada.
  • Exposicións fotográficas.
  • Reunións de Asociacións.
  • Charlas e coloquios sobre temas de actualidade.
  • Actividades de formación.