Escudo Concello de Vigo

Montes, parques e xardíns

Noticias do servizo

Lista de noticias

Noticias

01/03/2019. O goberno local inaugura a zona dos máis pequenos do macroparque infantil de Navia

O macroparque infantil de Navia xa está operativo para os menores de seis anos, segundo comprobou esta tarde o rexedor durante unha visita. En apenas unhas semanas estará en funcionamento toda a área de recreo, que se sumará á zona deportiva e de descanso, que xa están abertas ao público. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

28/02/2019. O Concello dedica 200.000 euros ao macroparque infantil de Bouzas

O alcalde deu conta este xoves do proxecto de obra que contempla dobrar a superficie de xogo, nun espazo que será inclusivo e contará con carruseis e tirolina. Amais, aprobouse o expediente de contratación dos campamentos de verán 2019 cun orzamento de 228.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/02/2019. O Concello inaugura a primeira fase do gran parque de Navia, que totaliza 1,4 millóns de investimento

O goberno vigués abre ao público o complexo deportivo -cunha pista polideportiva e un Pump Truck- e a zona de descanso, que inclúe un espazo con mobiliario e bebedeiro, futbolíns, xogos de mesa e tenis de mesa. Abel Caballero avanzou que a área infantil para os máis pequenos abrirá en 10 días, a dos maiores, a mediados de abril; e a pista de skate, a finais de marzo ou inicios de abril. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/01/2019. O goberno municipal inviste 300.000 euros en Samil de cara ao verán

O alcalde informou da instalación de 450 metros de varanda de aceiro inoxidable no paseo onde se acometen obras de mellora no pavimento, a reforma dos baños e a salinización das piscinas de Samil. Amais, destacou o labor das dez brigadas de limpeza do rural con 34 persoas con atención permanente. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

03/01/2019. O goberno municipal dedica 109.000 euros á dotación de especies vexetais nas zonas verdes

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a contratación de valado de madeira por 70.000 euros e a contratación de servizos para a formación cidadá en novas tecnoloxías cun importe de 45.000 euros.
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

28/12/2018. O goberno vigués licita tres novos "macro parques infantís" por 1,1 millóns

Trátanse da renovación e ampliación dos parques da alameda de Bouzas, de Jenaro de la Fuente e de Maruja Mallo, informou este venres o alcalde. Ademais, o Concello licitou a cobertura do patio do CEIP García Barbón e adxudicou a do colexio Canicouva. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

12/12/2018. O Concello inaugura o "macroparque" infantil da Praza da Independencia

Foto noticia
O rexedor destaca o investimento do seu goberno en parques para os nenos e nenas vigueses que ascende a 4,6 millóns, coas obras de reforma e ampliación que están en marcha en outros oito espazos infantís. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/11/2018. O goberno municipal programa concertos e actuacións por toda a cidade durante o Nadal

Foto noticia
O alcalde de Vigo avanzou este mércores as actuacións programadas polo Concello por toda a cidade durante o Nadal. Abel Caballero sinalou que será editada unha guía para non perderse ningún dos atractivos das festas en Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

19/11/2018. Vigo xa ten data e hora para o acendido das luces de Nadal: o sábado ás 19:30 horas

Anunciouno o alcalde de Vigo, quen explicou que as previsións meteorolóxicas son boas "nestes momentos" e esperará ata o mércores para confirmar definitivamente que non choverá a tarde do sábado. Caballero tamén avanzou que este martes anunciará o plan de tráfico preparado para ese día. (Ver noticia en xornal.vigo.org)