Volver á paxina principal

Concello: Pleno

Os plenos son as reunións oficiais ás que están convocados todos e todas as concelleiras da Corporación. Presididos polo alcalde, celébranse alomenos unha vez ao mes e teñen como función fundamental aprobar aquelas resolucións das comisións de traballo que sexan de maior importancia.

As comisións de traballo e consulta están formadas polos membros da corporación que designen os distintos grupos políticos, correspondéndolle ao Pleno determinar o seu número e obxecto de estudio así como as súas modificacións.

Ademais, son atribucións do Pleno a decisión de participar en organismos supramunicipais, determinar os recursos propios de carácter tributario e controlar e fiscalizar os órganos de goberno.