Escudo Concello de Vigo

Maiores

Servizos sociais

O Centro Municipal de Servizos Sociais (CMSS), é un órgano central integrado por recursos humanos, técnicos, financeiros e materiais, onde se xestionan e coordinan os diferentes programas que levan a cabo nas Unidades de Traballo Social (UTS).

No referente a persoas maiores a través de Servizos Sociais:

  • Organízanse:
    • visitas culturais
    • programas de vacacións
    • deportes
  • Colabórase con distintas asociacións de maiores a través de colectivos veciñais e sociais.
  • No Centro de Día préstase especial atención ás persoas maiores dependentes e con deterioración cognitiva, preservando o maior tempo posible unha boa calidade de vida.

Pode solicitar máis información en Servicios Sociais e a través das UTS (Unidades de Traballo Social).

Consultar que Unidade de Traballo Social (UTS) lle corresponde (pdf).

Ximnasia para persoas maiores (ano 2012/2013)

Dende a concellería de Política de Benestar e dentro do programa de avellentamento activo para as persoas maiores vaise realizar a actividade de ximnasia.

A actividade deportiva para este colectivo non pode ser concebida para gañar medallas o batir records, se non dirixida dende a perspectiva da saude e a recreación.

Ao longo dos anos producíronse distintos cambios no colectivo das persoas maiores un deles foi o aumento cuantitativo das persoas maiores de 65 anos e dentro de este sector o relativo aos maiores de 80 anos.

Pasamos dunha sociedade con muitos nacimentos e muitos falecementos a unha sociedade donde hai poucos nacimentos e poucos falecementos.

É importante cuidarse físicamente para vivir muitos anos pero muito mais importante é cuidarse para vivilos ben.

A ciencia demostrou que practicar exercicio é especialmente eficaz para seis enfermidades específicas: cardiopatía isquémica, hipertensión, obesidade, diabete, osteoporose e as relacionadas cos estados de ánimo: depresión, ansiedade, etc.

 

 
 

Concello de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100