Escudo Concello de Vigo

Maiores

Noticias

Lista de noticias

Noticias

09/04/2019. Abel Caballero felicita a Afaga polo seu labor social no 25 aniversario da asociación

Foto noticia
O alcalde de Vigo valorou o traballo feito pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) ao longo da súa existencia. "Para nos é unha gran prioridade, queremos un mundo de dereitos, ten que haber un traballo desde o mundo da política para garantir o benestar das persoas", sinalou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

09/04/2019. Caballero, nas novas instalacións de Feafes en Vigo

Foto noticia
Saúde Mental Feafes Galicia vén de abrir hai unhas semanas a súa nova sede na rúa Aragón e hoxe recibiu a visita do alcalde de Vigo, Abel Caballero, convidado pola entidade. O rexedor destacou o "apoio" que esta Federación presta ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

05/04/2019. Aberto desde o luns o prazo para optar ás axudas municipais de vivenda, enerxía e alimentación

Foto noticia
Informou Abel Caballero que o Boletín Oficial da provincia publica na súa edición deste venres a convocatoria do programa, dotado de 1.640.000 euros. Desde o pasado martes o Concello está a concertar citas previas para comenzar a recoller as solicitudes a partir do luns 8 de abril e ata o 8 de maio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

02/04/2019. O Auditorio Municipal acolle o Día Mundial de Concienciación sobre Autismo

Foto noticia
Vigo celebrou este martes o Día Mundial de Concienciación sobre Autismo cun acto de visibilización no Auditorio Municipal do Concello de Vigo no que participou o alcalde. Alumnos do Colexio Menela compartiron as súas vivencias e tamén deuse lectura ao Manifesto do Día Mundial. O acto estivo amenizado con pezas musicais da Orquestra Castro Navás. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

01/04/2019. O goberno municipal destina 1.640.000 euros a axudas extraordinarias para familias

Desde mañá martes poderá solicitarse cita previa para realizar a tramitación das axudas destinadas a sufragar gastos de vivenda, alimentación e subministros a través da web do Concello ou do teléfono 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/03/2019. Caballero aplaude a Érguete pola súa carreira do día 31, que dá "máis visibilidade á asociación"

Foto noticia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou hoxe á organización da IV Carreira Érguete e Corre, que se vai disputar o vindeiro día 31, domingo, con saída e chegada en Concepción Arenal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

18/03/2019. O Concello apoia o "soño" da construción da residencia de Aspanaex

Foto noticia
O concelleiro Cayetano Rodríguez presentou xunto á presidenta da entidade, Teresa Galisteo, e ao tesoureiro, a web coa que promoven a captación de fondos para a construción da súa residencia en Coia, que terá 58 prazas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

27/02/2019. A unanimidade do Pleno aproba controlar a proliferación das apostas online e casas de apostas na cidade

A moción, presentada por Marea de Vigo, insta ao Goberno autonómico a limitar a apertura das casas de apostas físicas e ao Goberno do Estado a regular a publicidade desta actividade para protexer ao público infantil e xuvenil. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

22/02/2019. O goberno de Vigo prorroga o servizo de atención á familia que atendeu a 111 menores en 2018

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a continuidade do coñecido como servizo de canguro municipal que o ano pasado foi utilizado por 76 familias con máis dun centenar de menores a cargo. Abel Caballero destacou tamén a prórroga doutros servizos como os de dinamización infantil, persoas adultas e mulleres. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

14/02/2019. O Concello de Vigo dedicará en 2019 un total de 2,4 millóns a axudas a familias sen recursos

Abel Caballero informou este xoves da aprobación das bases e convocatoria do coñecido como cheque social, 1.640.000 euros en axudas para pagos de vivenda, enerxía e alimentación para familias con escasos recursos. Ademais, outros 842.00 euros serán par fondos de emerxencias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)