- Inicio
- Servizos cidade
- Patrimonio Histórico
- Noticias de Patrimonio Histórico
Patrimonio Histórico
Noticias de Patrimonio Histórico
Lista de noticias
- 02/04/2013: Caballero anuncia a posta en valor dos novos vestixios romanos atopados en Toralla.
- 08/03/2013: O goberno de Vigo aproba o proxecto para liberar e revalorizar a muralla do Castro.
- 01/03/2013: Feira, a mostra da artesanía viguesa e a ecoloxía será unha verbena.
- 26/02/2013: O goberno local exporá en primavera o proceso de rehabilitación do Casco Vello de Vigo.
- 01/02/2013: Feira, a mostra da artesanía e ecoloxía volve repleta de actividades ao Casco Vello.
- 18/01/2013: O Concello rotula o Casco Vello con 26 novas placas de bronce policromado.
- 04/01/2013: O Centro de Interpretación da villa romana de Toralla estará rematado a finais de ano.
- 04/01/2013: Mercado de Reis.
Noticias
-
02/04/2013. Caballero anuncia a posta en valor dos novos vestixios romanos atopados en Toralla
- O alcalde indicou este martes que seis catas arqueolóxicas -acometidas previo á construción dun centro de interpretación da vila romana de Toralla- revelaron restos "de certa importancia" que o Concello quere descubrir e pór en valor, en "cooperación" coa Xunta de Galicia. A aparición obriga ao replantexamento do centro de interpretación previsto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
08/03/2013. O goberno de Vigo aproba o proxecto para liberar e revalorizar a muralla do Castro
- O alcalde informou hoxe venres da decisión municipal de aprobar o proxecto para derrubar o antigo restaurante "El Castillo", no Monte do Castro, para liberar e revalorizar a fortaleza. No exterior, o Concello procederá ao axardinamento dos espazos hoxe ocupados polo establecemento de hostalería. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
01/03/2013. Feira, a mostra da artesanía viguesa e a ecoloxía será unha verbena
- O sábado 2 de marzo haberá no Casco Vello unha nova edición de FEIRA, o mercado de produtos tradicionais integrado no programa COMERCIO A RÚA. Esta iniciativa xorde da colaboración entre o Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa participación da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
26/02/2013. O goberno local exporá en primavera o proceso de rehabilitación do Casco Vello de Vigo
- Segundo informou Abel Caballero, o Concello prepara para a primavera unha mostra sobre actuacións de rehabilitación e urbanización dos cascos históricos de Vigo e elaborará, xunto ao Colexio de Arquitectos, un libro de arquitectura urbana do Casco Vello vigués. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
01/02/2013. Feira, a mostra da artesanía e ecoloxía volve repleta de actividades ao Casco Vello
- O sábado 2 de febreiro haberá unha nova edición de FEIRA, o mercado de produtos tradicionais integrado no programa COMERCIO A RÚA. Esta iniciativa xorde da colaboración entre o Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa participación da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
18/01/2013. O Concello rotula o Casco Vello con 26 novas placas de bronce policromado
- O alcalde de Vigo presentou este venres as 26 novas placas coas que o Concello rotula moitas rúas do Casco Vello. Acompañado pola concelleira de Urbanismo e primeira tenente de alcalde, Caballero incluíu esta iniciativa dentro do proceso de rehabilitación que está a realizar nesta noble zona da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
04/01/2013. O Centro de Interpretación da villa romana de Toralla estará rematado a finais de ano
- O alcalde avanzou hoxe venres a previsión de que o Centro de Recepción de Visitantes e de Interpretación da villa de Toralla esté rematado a finais deste ano. O goberno local deu luz verde a un proxecto de rehabilitación financiado cunha subvención do Ministerio de Cultura dun millón de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
04/01/2013. Mercado de Reis
- O sábado 5 de xaneiro, FEIRA, convértese no mellor lugar para buscar o agasallo perfecto, produtos artesanais e ecolóxicos. Cestos, cerámica, bixutería, cantería, obxectos de madeira, metal, coiro, libros, xoguetes, artigos tanto para home como para muller, para os nenos, para os avós… (Ver noticia en xornal.vigo.org)