- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Igualdade
- Igualdade laboral
- Actuacións ante a Discriminación
Igualdade
Actuacións ante a Discriminación
Como actuar ante a discriminación laboral e polo dereito á igualdade laboral.
Infórmate: Coñece os teus dereitos
- Acude ás fontes principais da non discriminación por razón de sexo no acceso ao emprego e as condicións de traballo: Constitución, Estatuto dos Traballadores, Lei de prevención de riscos laborais, Lei xeral da seguridade social, Lei de procedimento laboral, Lei para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras, Lei para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.
- O Estatuto dos Traballadores fixa os mínimos legais aos que se deben someter os convenios colectivos.
- Acude, en caso de telo, ao teu Convenio Colectivo para comprobar cales son as condicións ás que debe axustarse a túa relación laboral. A Lei establece o "deber de negociar" medidas en materia de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes ou no seu caso, plans de igualdade.
Participa: Non te limites a un papel pasivo ante as normas e implícate na mellora das túas condicións laborais
- Participa nos espazos de consulta e decisión que se organicen no teu centro de traballo: asembleas, comisións, etc.
- É importante para as mulleres traballadoras a PARTICIPACIÓN SINDICAL xa que son as organizacións sindicais as que negocian, como unha das partes , os CONVENIOS COLECTIVOS (o mellor instrumento do que dispoñen as traballadoras para mellorar as súas condicións de traballo).
Asesórate: Se non sabes como actuar, infórmate
- Acude ou chama ao Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller
- Consulta nos Sindicatos
Reclama: A prohibición da discriminación non garantiza que esta non se produza
- Denuncia as ofertas de traballo que consideres discriminatorias por razón de sexo e as situacións laborais discriminatorias.
- En temas laborais tes dereito á asistencia xurídica gratuíta.
