- Inicio
- Servizos cidade
- Limpeza
- Residuos
- Latas
Limpeza
Latas
Onde depositalas
Deposítanse nos colectores de cor amarela de 2.400 litros.
Que podo depositar
Envases lixeiros domésticos: latas e envases metálicos.
- SI: latas de bebida, conservas de peixe e alimentos infantís, latas e botes de refrescos, de cervexa, de conservas, bandexas de aluminio, tapas metálicas...
- NON: envases de aerosois cheos, botes metálicos de pinturas ou de produtos químicos, pequenos electrodomésticos nin produtos de informática que conteñan tinta.
Como colaborar coa recollida selectiva
- Esmaga as latas e envases metálicos para ocupar menos espazo.
- Baleira ben o seu contido e procura que non conteñan líquidos nin restos orgánicos.
- Nunca abandones os envases á beira do colector.
Onde levan
Van á Planta de transferencia de Guixar, de aí á planta de clasificación de envases de SOGAMA, para finalmente ser reciclados nos centros de reciclaxe autorizados por Ecoembes e Ecovidrio.
Como se clasifican e reciclan
Os envases metálicos, xa sexan de folla de lata ou de aluminio son seleccionados mecanicamente mediante electroimán e correntes de Foucault respectivamente.
Logo prénsanse e envíanse ás plantas de acondicionamento e reciclaxe que con anterioridade indique Ecoembes.
Os fardos de folla de lata son levados a fundición. Alí son triturados, elimínanse as impurezas nunha criba e convértense en chatarra de boa calidade, materia prima indispensable para a fabricación do novo aceiro.
Unha vez obtida a bobina de folla de lata, esta envíase ás diferentes fábricas de envases metálicos para que lle dean a forma desexada segundo o uso que vaia ter.
A reciclaxe dos envases de aluminio é moi sinxelo. Unha vez separados se trituran, compáctanse e vólvense a refundir, obtendo unha serie de placas de aluminio listas para volver fabricar novos envases ou produtos de aluminio.
Beneficios da reciclaxe
- Existen na actualidade fornos eléctricos que producen aceiro novo só a partir de chatarra.
- Por cada tonelada de aceiro usado que reciclamos, aforramos unha tonelada e media de mineral de ferro e uns 500 quilogramos de carbón, ademais dun 70% de enerxía e un 40% de auga.
- Ao producir aluminio a partir de chatarra existe un aforro do 95% da enerxía se se compara coa produción a partir do mineral primario, a bauxita.
- No ano 2003 en España recicláronse o 57% dos envases usados de aceiro.
- Reciclar o aluminio é importante, porque nos vertedoiros non se degrada e ao incineralo produce emisións de metais pesados moi contaminantes.
- Unha lata de aluminio que tiremos fose do colector adecuado, seguirá sendo un residuo sólido durante os seguintes 500 anos.
