Escudo Concello de Vigo

Lista de Avisos

Avisos

23/05/2013 Policía. Celebración patrona de la Policía Local o 24/05/2013.

Actos de celebración a partir de las 11:30 horas do dia 24 de maio en Praza do Rei.

15/05/2013 Cultura. Peche temporal da Biblioteca Pública Central

A Biblioteca Pública Central de Vigo (r/ Joaquín Yáñez, 6) permanecerá pechada, por motivos de seguridade, entre os días 20 e 26 de maio, ambos inclusive, debido aos necesarios labores de tratamento de control preventivo-curativo contra xilofagos, levados a cabo polo servizo de Control de Pragas do Concello de Vigo e en coordinación coa dirección da citada biblioteca dependente da Xunta de Galicia. O luns 27, a biblioteca xa funcionará con normalidade.

2/05/2013 Cultura. Apertura do prazo de solicitude de actuacións dentro do programa

A Concellería de Cultura e Festas ven de asinar un convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa "Vente con Nós" do presente ano.

Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais das entidades asociadas á Agrupación, mediante o desenvolvemento dun ciclo de actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade.

As actuacións con cargo a este convenio irán destinadas ao público en xeral, con acceso libre e gratuíto, até completar o aforamento do lugar onde se celebren. As actuacións distribuiranse atendendo aos criterios de dispoñibilidade da agrupación artística, a orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral do Concello e a maior diversificación nos ámbitos territoriais e artísticos. Con carácter xeral quedan excluídas do convenio aquelas actuacións vinculadas á programación de actos de carácter non laico, festas e romarías patronais, así como aquelas actuacións programadas dentro do mesmo ámbito territorial parroquial asociado á agrupación artística e entidade que a acolle.

A tal fin, infórmase da apertura do prazo de admisión de solicitudes ata ás 13,30 horas do día 16 de maio do presente ano. O formulario de solicitude está a disposición das entidades asociativas interesadas na oficina de Información, situada na lonxa do Concello, e nas webs municipais www.vigo.org e www.vigocultura.org.

Impreso de Solicitude

30/01/2013 Actividades culturais. Normas para a utilización do Auditorio Municipal

<a href='http://xornal.vigo.org/pdf/cultura/utilizacionauditorio.pdf']Bases utilización Auditorio
Cadro de Prezos

30/11/2012 Urbanismo. Aaprobación inicial do "Plan Epecial de Protección, Rabilitación e Reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de vivendas de promoción pública

A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 16 de novembro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o «Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de 502 vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía e camiño da Raposa, no polígono de Coia,», promovida polo IGVS e redactado pola arquitecta Dª Cristina Cameselle Solá con datas novembro 2010 e xullo 2012.

SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous xornais de maior circulación da provincia.

TERCEIRO: Acordar, de acordo co artigo 77.2 da LOUGA, a suspensión de licenzas no ámbito afectado no que resulte incompatible coa nova ordenación, significando que o mesmo confórmase polas edificacións sitas na rúas Moaña cos nº 2 a 32 e Bueu aos nº 1 a 46 e correspondentes espazos interiores, segundo a delimitación que reflicte o plano catastral INF-03, asinado pola arquitecta Dª. Cristina Cameselle Solán en novembro 2010, escala 1:1000, (Tomo "Planos" do referido Plan Especial) que será, así mesmo, obxecto da publicación referida no apartado segundo deste acordo.

CUARTO: Publicar este acordo, xunto cos documentos integrantes do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reurbanización de espazos interiores no antigo grupo de 502 vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía e camiño da Raposa, no polígono de Coia, na web do Concello de Vigo.

QUINTO: Notificar o presente acordo individualmente, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da LRXAP-PAC, a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares no catastro e, así mesmo, ao IGVS coa indicación expresa, en ambos casos, de que ao tratarse dun mero acto de trámite non é susceptible de recurso."

Durante o perído de exposición pública, o expediente atoparase a disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo – Praza do Rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.30 horas.

18/09/2012 Normalización lingüística. Reparto gratuíto do libro toponimia do Val do Fragoso. 2. Lavadores

Pódese recoller un exemplar desde libro escrito por Ivan Sestay e coa colaboración da Universidade de Vigo, no Servizo de Normalización Lingüística, praza do Rei, número 1 -1ª planta.

 
 

Concello de Vigo - Praza do Rei 1 - 36202

Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986810100