Actualidade

Avisos

Covid-19: Reapertura do Parque Municipal de Castrelos, a Fortaleza do Parque do Castro, os arenais, o Paseo Marítimo de Samil, o paseo da Lagares, o paseo de Bouzas e espazos análogos

Temática: Covid-19

Data de publicación: 30-04-2020

RESOLUCIÓN VIXÉSIMO CUARTO PAQUETE MEDIDAS COVID-19

Con data 11 de marzo do 2020 a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o brote de SARS-CoV 2 como pandemia. Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimiento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias.

Realizada a reunión constitutiva do Comité na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias. Por sendas Resolucións desta Alcaldía de data 13 de marzo de 2020 adoptáronse acordos de modificación do primeiro paquete de medidas, e de aprobación dun segundo paquete de medidas, que contemplaba, no seu apartado segundo o establecemento do sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas.

O Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declaraba a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activaba o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Posteriormente por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declárouse o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, prorrogado por Acordo dos Congresos dos Deputados de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, prorrogado polo Real Decreto 476/2020, do 27 de marzo, polo Real Decreto 487/2020, do 10 de abril, e polo Real Decreto 492/2020.

Á vista da evolución das circunstancias, foron adoptándose novas medidas por esta Alcaldía- Presidencia, e neste intre cómpre a adopción de novas medidas propostas na reunión do Comité de Seguimento de data 30 de abril de 2020 para garantir o cumprimento das indicacións sanitarias e de seguridade formuladas polas autoridades competentes.

No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta Alcaldía-Presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, así como o establecemento das directrices xerais da acción de goberno municipal e o aseguramento da súa continuidade, contidas no artigo 124.4.a) e c), respectivamente, da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, de conformidade coas medidas previamente adoptadas por esta Alcaldía no marco do seguimento da situación e de conformidade co establecido no Real Decreto 463/2020, de declaración do estado de alarma, e as súas sucesivas prórrogas:

RESOLVO

Primeiro.- Modificar a resolución desta Alcaldía de data de data 15.03.2020 no relativo ao peche do Parque Municipal de Castrelos, da Fortaleza do Parque do Castro, dos arenais, do Paseo Marítimo de Samil, e análogos espazos abertos ao público, decretando a súa apertura nas condicións de uso e circulación permitidas en cada momento polo de estado de alarma ou polas limitacións que se establezan polas autoridades competentes.

Segundo.- Modificar a resolución desta Alcaldía de data 16.03.2020 no relativo ao peche do paseo de Lagares, o paseo de Bouzas e outros espazos análogos, decretando a súa apertura nas condicións de uso e circulación permitidas en cada momento polo de estado de alarma ou polas limitacións que se establezan polas autoridades competentes.

Terceiro.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata as 00.00 horas do día 10 de maio, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración de prórroga do estado de alarma.

Cuarto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100