Actualidade

Avisos

Covid-19: Reparto dos créditos extraordinarios do RDL 8/2020, material EPI para os espazos de aillamento, ampliación do horario do servizo 010 e novo servizo de orientación laboral

Temática: Covid-19

Data de publicación: 11-04-2020

RESOLUCIÓN DÉCIMO NOVENO PAQUETE MEDIDAS COVID-19

Con data 11 de marzo do 2020 a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o brote de SARS-CoV 2 como pandemia. Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimiento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias.

Realizada a reunión constitutiva do Comité na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias. Por sendas Resolucións desta Alcaldía de data 13 de marzo de 2020 adoptáronse acordos de modificación do primeiro paquete de medidas, e de aprobación dun segundo paquete de medidas, que contemplaba, no seu apartado segundo o establecemento do sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas.

O Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declaraba a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activaba o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Posteriormente por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declárouse o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, prorrogado por Acordo dos Congresos dos Deputados de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, (Resolución do 25 de marzo de 2020, do Congreso dos Deputados, poa que se ordea a súa publicación), e foi reducida a movilidade da poboación ao abeiro do disposto no Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as personas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, coa fin de reducir a movilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19.

Á vista da evolución das circunstancias, foron adoptándose novas medidas por esta Alcaldía- Presidencia, e neste intre cómpre a adopción de novas medidas propostas na reunión do Comité de Seguimento de data 9 de abril de 2020 para garantir o cumprimento das indicacións sanitarias e de seguridade formuladas polas autoridades competentes.

No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta Alcaldía-Presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, así como o establecemento das directrices xerais da acción de goberno municipal e o aseguramento da súa continuidade, contidas no artigo 124.4.a) e c), respectivamente, da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, de conformidade coas medidas previamente adoptadas por esta Alcaldía no marco do seguimento da situación e de conformidade co establecido no Real Decreto 463/2020:

RESOLVO

Primeiro.- Instar á Concellería Dda. de Política Social, para que lle solicite á Xunta de Galicia de conformidade coas Recomendacións do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, que proceda ao reparto inmediato dos créditos extraordinarios establecidos no RDL 8/2020, do 17 de marzo, entre as EELL,comunicando os criterios de reparto entre os diferentes municipios.

Segundo.- Instar á Concellería Dda. De Política Social a reiterar á comunicación á Dirección Xeral de Inclusión Social da total colaboración do Concello de Vigo para poñer a disposición un espazo para o aillamento das persoas que sexan probables ou dean positivo por COVID-19, a partires do momento en que a Comunidade Autónoma suministre os EPIs necesarios para garantir a seguridade das persoas e o protocolo e medios para o debido triaje sanitario, dado que o Concello carece deste material e destes medios, e non recibiu resposta a comunicacións anteriores.

Terceiro.- Instar á Concellería Dda. De Participación Cidadá a ampliar, de xeito inmediato, o funcionamento do Servizo de Atención Cidadá 010 todos os días da semana en horario de 08.00 hs a 20.00, adoptando as medidas necesarias para garantir o dito funcionamiento.

Cuarto.- - Instar á Concellería Dda. De Participación Cidadá á posta en marcha do servizo de orientación laboral municipal para atender as consultas, dúbidas e inquedanzas en relación coa situación xerada polo COVID-19, articulando un correo electrónico de contacto a tal fin (empregocovid19@vigo.org) e dando difusión do mesmo a través da conta de twitter @CMEmpregoVigo.

Quinto.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata as 00.00 horas do 12 de abril, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración de prórroga do estado de alarma.

Sexto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100