Actualidade
Temática: Covid-19
Data de publicación: 28-03-2020
RESOLUCIÓN DÉCIMOSEXTO PAQUETE MEDIDAS COVID-19
Con data 11 de marzo do 2020 a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o brote de SARS-CoV 2 como pandemia. Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimiento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias.
Realizada a reunión constitutiva do Comité na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias. Por sendas Resolucións desta Alcaldía de data 13 de marzo de 2020 adoptáronse acordos de modificación do primeiro paquete de medidas, e de aprobación dun segundo paquete de medidas, que contemplaba, no seu apartado segundo o establecemento do sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas.
O Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declaraba a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activaba o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.
Posteriormente por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declárouse o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, prorrogado por Acordo dos Congresos dos Deputados de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, (Resolución do 25 de marzo de 2020, do Congreso dos Deputados, poa que se ordea a súa publicación).
Á vista da evolución das circunstancias, foron adoptándose novas medidas por esta Alcaldía- Presidencia, e neste intre cómpre a adopción de novas medidas propostas na reunión do Comité de Seguimento de data 28 de marzo de 2020 para garantir o cumprimento das indicacións sanitarias e de seguridade formuladas polas autoridades competentes.
No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta Alcaldía-Presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, así como o establecemento das directrices xerais da acción de goberno municipal e o aseguramento da súa continuidade, contidas no artigo 124.4.a) e c), respectivamente, da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, de conformidade coas medidas previamente adoptadas por esta Alcaldía no marco do seguimento da situación e de conformidade co establecido no Real Decreto 463/2020:
RESOLVO
Primeiro.- Instar á Concellería Dda. De Benestar para que comunique á Xunta de Galicia os costes adicionais en materia de becas de comedor derivados do COVID-19 a efectos do seu reintegro, con cargo aos fondos extraordinarios librados polo Estado para paliar a situación xerada polo dito coronavirus, e solicitar que amplíen as axudas concedidas pola Xunta para equiparalas coas do Concello de Vigo.
Segundo.- .Instar á Concellería Dda. De Benestar para que adopte as medidas necesarias para proceder á ampliación do albergue provisional instalado no Pavillón do Berbés á súa máxima capacidade.
Terceiro.- Dar conta da entrega, pola Concellería Dda. De Participación Cidadá, á Residencia de atención a persoas maiores DOMUSVI Barreiro dos bens e subministros de necesidade precisos para o mantemento das medidas sanitarias prescritas polas autoridades sanitarias ante o avance do coronavirus COVID-19, que foron ofrecidos ao Concello.
Cuarto.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata as 00.00 horas do 12 de abril, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración de prórroga do estado de alarma.
Quinto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100