Actualidade
Temática: Covid-19
Data de publicación: 25-03-2020
O Concello de Vigo, a través do seu servizo de información "VIGO EMPRENDE", atenderá as consultas das persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas sobre as medidas urxentes extraordinarias adoptadas para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.
A prestación de servizos de asesoramento a PEMES e emprendedores, incardínase dentro da Estratexia "DUSI Vigo Vertical", dentro do seu Obxectivo Temático 9, e estará coordinada polo Servizo de Participación Cidadá e Desenvolvemento Local dependente da área de goberno de Cultura, Emprego e Participación Cidadá.
As persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas poden dirixir as súas consultas a través do formulario que se indica no seguinte enlace:
Os teléfonos de contacto son os que se indican a continuación:
TELÉFONO DE CONTACTO VIGO EMPRENDE:
Teléfonos:
- 650 253 950
Horario:
- Luns a xoves: 9:30 - 14:30 e 15:00 - 18:30
- Venres: 9:30 - 15:30
E-mail:
- vigoemprende.info@vigo.org (24 horas)
SERVICIO DE INFORMACIÓN 010:
Teléfonos:
- 010: para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo.
- 986 810 260: para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo.
Horario:
- Luns a venres de 8:00 a 20:00 horas.
- Sábados de 10:00 a 14:00 horas.
E-mail:
- 010@vigo.org (24 horas)
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100