Actualidade

Avisos

Covid-19: Información de Benestar Social sobre recursos municipais do Concello de Vigo ante o estado de alarma

Temática: Covid-19

Data de publicación: 25-03-2020

INFORMACIÓN SOBRE RECURSOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE VIGO ANTE ESTADO DE ALARMA

1. Familias que teñen menores con bolsa de comedor en centros escolares de Vigo, con rendas inferiores a 300€ per cápita.

Enviar un correo a axuda.comedor@vigo.org co nome do menor, o centro no que están escolarizados e o número de conta IBAN para o ingreso.

2. Familias que teñen necesidades con menores non bolseiros de comedor, ou sen menores.

Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. As unidades de traballo social valorarán a procedencia de apoio económico mediante o Programa contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social.

3. Maiores con necesidade de recibir axuda para realizar compra de alimentación. Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010 cos datos de identificación, dirección e telefono.

4. Persoas maiores que residen sós e que necesitan apoio do SAF (Servizo Municipal de Axuda non Fogar):

a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria (coidados persoais, alimentación, etc.).

b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda.

c) Acompañamentos fóra do domicilio (citas e xestións).

Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010. En lestes casos os responsables do SAF farán unha valoración social previa.

5. Persoas sen fogar, durmindo en rúa: ofértaselles a posibilidade de aloxamento alternativo ou reparto de comida, tendo que facilitar neste caso nome e dirección para levarlla.

6. Persoas que acudían regularmente aos comedores sociais: levaráselles a comida ás súas direccións.

Enviar un correo a ofi.central@vigo.org ou chamar ao 010 cos datos de identificación e o comedor social no que se lles está atendendo).

7. Familias de PSEAF (Programa socioeducativo de Apoio Familiar).

Valorarase a procedencia de apoio económico mediante o Programa contra Desafiuzamentos e Emerxencia Social, previo informe dos educadores sociais.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100