Actualidade

Avisos

Covid-19: Persoas sen fogar e medidas de materia tributaria

Temática: Covid-19

Data de publicación: 23-03-2020

RESOLUCIÓN DUODÉCIMO PAQUETE MEDIDAS COVID-19

Con data 11 de marzo do 2020 a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o brote de SARS-CoV 2 como pandemia. Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimiento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias.

Realizada a reunión constitutiva do Comité na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias. Por sendas Resolucións desta Alcaldía de data 13 de marzo de 2020 adoptáronse acordos de modificación do primeiro paquete de medidas, e de aprobación dun segundo paquete de medidas, que contemplaba, no seu apartado segundo o establecemento do sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas.

O Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declaraba a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activaba o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Posteriormente por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declárouse o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Á vista da evolución das circunstancias, foron adoptándose novas medidas por esta Alcaldía- Presidencia, e neste intre cómpre a adopción de novas medidas propostas na reunión do Comité de Seguimento de data 23 de marzo de 2020 para garantir o cumprimento das indicacións sanitarias e de seguridade formuladas polas autoridades competentes.

No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta Alcaldía-Presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, así como o establecemento das directrices xerais da acción de goberno municipal e o aseguramento da súa continuidade, contidas no artigo 124.4.a) e c), respectivamente, da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, de conformidade coas medidas previamente adoptadas por esta Alcaldía no marco do seguimento da situación e de conformidade co establecido no Real Decreto 463/2020:

RESOLVO

Primeiro.- Instar á Concellería Dda. de Facenda á adopción de medidas en materia tributaria e recadatoria para minimizar os efectos da situación xerada polo COVID-19 no ano 2020.

Segundo.- Instar á Concellería Dda. de Benestar á adopción das medidas para habilitar un pavillón municipal a efectos da prestación de asistencia á persoas sin fogar.

Terceiro.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100