Actualidade

Avisos

Covid-19: Garantir o aloxamento a persoas en risco de exclusión social e víctimas de violencia de xénero, comunicacións de información internas e coa Xunta de Galicia

Temática: Covid-19

Data de publicación: 19-03-2020

RESOLUCIÓN OITAVO PAQUETE MEDIDAS COVID-19

Con data 11 de marzo do 2020 a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o brote de SARS-CoV 2 como pandemia. Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimiento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias.

Realizada a reunión constitutiva do Comité na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias. Por sendas Resolucións desta Alcaldía de data 13 de marzo de 2020 adoptáronse acordos de modificación do primeiro paquete de medidas, e de aprobación dun segundo paquete de medidas, que contemplaba, no seu apartado segundo o establecemento do sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas.

O Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declaraba a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activaba o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Posteriormente por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declárouse o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Á vista da evolución das circunstancias, foron adoptándose novas medidas por esta Alcaldía- Presidencia, e neste intre cómpre a adopción de novas medidas propostas na reunión do Comité de Seguimento de data 19 de marzo de 2020 para garantir o cumprimento das indicacións sanitarias e de seguridade formuladas polas autoridades competentes.

No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta Alcaldía-Presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, así como o establecemento das directrices xerais da acción de goberno municipal e o aseguramento da súa continuidade, contidas no artigo 124.4.a) e c), respectivamente, da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, de conformidade coas medidas previamente adoptadas por esta Alcaldía no marco do seguimento da situación e de conformidade co establecido no Real Decreto 463/2020:

RESOLVO

Primeiro.- Instar ás diferentes Áreas Ddas. de Goberno para que den traslado da comunicación remitida ás Xefafuras de Áreas e Servizos dende a Área Dda. de Goberno de Contratación, aos efectos do establecido no Real Decreto-Lei 8/2020, artigo 34.4

Segundo.- Instar á Concellería Delegada de Comercio á adopción de medidas para garantir o aloxamento das persoas derivadas polas Concellerías de Benestar, por atoparse en risco de exclusión social e de Igualdade, para as mulleres vítimas e violencia de xénero.

Terceiro.- Instar á Concellería Delegada de Benestar para que solicite á Xunta de Galicia á comunicación da información relativa ás actuacións da Comunidade Autonóma na cidade de Vigo

Cuarto.- Dar conta da comunicación efectuada en relación co contrato de concesión de servizo público de estacionamento regulado e controlado na vía pública mediante parquímetros.

Quinto.- Dar conta da análise levada a cabo en relación coa situación do transporte colectivo de viaxeiros.

Sexto.- A presente resolución terá efectos a partires da súa data e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.

Sétimo.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100