Actualidade

Avisos

Covid-19: O Concello de Vigo canaliza a través da área de Goberno de Participación Cidadá a formación dun rexistro de ofertas voluntarias que se están a recibir de bens e subministros

Temática: Covid-19

Data de publicación: 17-03-2020

O Concello de Vigo canaliza a través da área de goberno de Participación Cidadá a formación dun rexistro de ofertas voluntarias que se están a recibir por parte da cidadanía, respecto de bens e subministros de necesidade precisos para o mantemento das medidas sanitarias prescritas polas autoridades sanitarias ante o avance do coronavirus COVID-19.

As persoas, tanto físicas como xurídicas, poden dirixir as súas ofertas voluntarias a través do servizo de Información 010:

Teléfonos:

- 010: para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo.

- 986 810 260: para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo.

Horario:

- de lunes a viernes de 8 a 20 horas.

- sábados de 10 a 14 horas.

E-mail: 010@vigo.org

- 24 horas

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100