Actualidade
Temática: Covid-19
Data de publicación: 15-03-2020
RESOLUCIÓN
O avance dos contaxios por CoVID-19 e o incremento progresivo das medidas de prevención e contención adoptadas polas autoridades sanitarias, entre as que se atopan a promoción do traballo non presencial, recomenda deseñar os mecanismos que permitan manter o funcionamento da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo e á vez adoptar medidas axeitadas para a protección dos empregados públicos e a minimización do risco de contaxios.
Neste marco e en liña coa Resolución de data 15 de Marzo de 2020 ditada na miña condición de Alcalde de Vigo e Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo, complétanse as medidas excepcionais adoptadas para conter o COVID-19; e este fin,
RESOLVO:
Primeiro. A Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo manterá o funcionamento de todos os seus departamentos.
Segundo. Todos os traballadores/as e funcionarios/as que prestan os seus servizos na Xerencia de Urbanismo de Vigo con función que permitan o seu desenvolvemento a distancia, prestarán o seu servizo dende o seu domicilio na modalidade de traballo non presencial.
Terceiro. Todos o persoal da Xerencia de Urbanismo con función que non podan ser desenvolvidas mediante traballo non presencial deberán permanecer no seu domicilio, quedando as actividades suspendidas temporalmente, salvo que desempeñen función de carácter crítico para o funcionamento da Xerencia.
Considérase persoal con funcións de carácter critico o persoal directivo (Vicepresidenta, Secretario, Interventor, Xefa da Área Técnica, Xefe dos Servizos Centrais), o vinculado as función xerais tales como seguridade, limpeza, rexistro, comunicación e servizos de tecnoloxía da información, ou con función específicas como conservación, dirección de infraestruturas, oficina de obras e proxectos,
tramitación de nóminas e gastos, así como aqueles que determinen os órganos directivos por considerarse necesarios para garantir a continuidade das función básicas desenvolvidas pola Xerencia Municipal.
O persoal con función de carácter crítico acudirá as dependencias da Xerencia cando o desenvolvemento das funcións o esixa e o determine a dirección do Organismo Autónomo.
Cuarto. Nos casos nos que unha función crítica deba prestarse de forma presencial, estableceranse as quendas imprescindibles para garantir o servizo minimizando o máximo o risco de contaxios laborais. Ditas quendas comunicaranse a dirección e disporán de flexibilidade horaria.
Quinto. Todos os empregados/as do organismo autónomo permanecerán localizables e reincorporaranse os seus postos de traballo presenciais si así se require por necesidades excepcionais do servizo.
Sexto. Todas estas medidas serán de aplicación as funcións e empregados da Oficina de Rehabilitación e a todas as empresas que prestan servizos permanentes na Xerencia de Urbanismo de Vigo.
Sétimo. A ateción presencial aos cidadás nas dependencias da xerencia Municipal de urbanismo redúcese aos casos de urxencia inaprazable así valorados na atención previa telefónica.
Oitavo. Habilítase a Vicepresidenta da Xerencia a adopción dos procedementos de urxencia, emerxencia ou extraordinarios contemplados na lexislación vixente, así como a ampliación ou suspensión de prazos e procedementos afectados por esta situación excepcional.
Noveno. Duración das medidas. Estas medidas de carácter extraordinario teñen a duración imprescindible para dar resposta á situación que a ten motivado a súa adopción e poderán ser revogadas por necesidades excepcionais do servizo e, en todo caso, cando cesen as recomendacións das autoridades sanitarias.
Décimo. A presente Resolución entra en vigor na mesma data na que é ditada. Publicarase na sede municipal do Concello de Vigo; na intranet municipal e na páxina de Transparencia
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100