Actualidade
Temática: Covid-19
Data de publicación: 15-03-2020
RESOLUCIÓN MODIFICACIÓN SEGUNDO PAQUETE MEDIDAS COVID-19
Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimiento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias. Con data 11 de marzo do 2020 a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o brote de SARS-CoV 2 como pandemia.
Realizada a reunión constitutiva do Comité na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias. Por sendas Resolucións desta Alcaldía de data 13 de marzo de 2020 adoptáronse acordos de modificación do primeiro paquete de medidas, e de aprobación dun segundo paquete de medidas, que contemplaba, no seu apartado segundo o establecemento do sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas.
O Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declaraba a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 e ante a declaración do estado de alarma polo goberno da nación. Por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, declárase o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, no que, entre outras medidas, se decreta a limitación da libertade de circulación das persoas a unha serie de supostos taxados no seu artigo 6.
Á vista das novas circunstancias, cómpre modificar a citada resolución do 13 de marzo do 2020, de aprobación do segundo paquete de medidas, no seu apartado segundo, relativo o establecemento do sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas, reducindo a dita posibilidade ao único e exclusivamente imprescindible, e tan só en casos de urxencias inaplazables así valoradas en atención previa telefónica, ás oficinas que se establecerán na parte dispositiva da seguinte resolución, así como a adopción de novas medidas propostas na reunión do Comité de Seguimento de data 15 de marzo de 2020.
No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta Alcaldía-Presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, así como o establecemento das directrices xerais da acción de goberno municipal e o aseguramento da súa continuidade, contidas no artigo 124.4.a) e c), respectivamente, da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, de conformidade coas medidas previamente adoptadas por esta Alcaldía no marco do seguimento da situación e de conformidade co establecido no Real Decreto 463/2020:
RESOLVO
Primeiro.- Modificar a Resolución desta Alcaldía de data 13 de marzo de adopción do segundo paquete de medidas polo COVID-19, no seu apartado segundo, relativo ao establecemento do sistema de atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado a unha serie de oficinas, reducindo a dita posibilidade ao único e exclusivamente imprescindible, e tan só en casos de urxencias inaplazables así valoradas en atención previa telefónica, nas seguintes oficinas:
• Oficina de Asistencia en materia de Rexistros
• Benestar Social
• Servizo de Cemeterios
A obtención de cita previa estará dispoñible telefónicamente no directorio municipal e no teléfono 010.
Segundo.- De conformidade co disposto no Real Decreto 463/2020 se suspenden os términos e se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos municipais. O cómputo dos prazos se reanudará no momento no que perda vixencia o citado Real Decreto o, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
Terceiro.- Acordar o peche do Parque Municipal de Castrelos, da Fortaleza do Parque do Castro, dos arenais, do Paseo Marítimo de Samil, e análogos espazos abertos ao público.
Cuarto.- Recomendar a cidadanía que queira colaborar que se dirixa ao Servizo Municipal de Voluntariado para o desenvolvemento da dita colaboración de xeito coordinado, estruturado e nas condicións axeitadas de seguridade e sanidade.
Quinto.- Manter o réxime de presencialidade para as persoas titulares das Concellerías que teñan delegadas responsabilidades de goberno, conforme a estrutura establecida na Resolución desta Alcaldía de data 18 de xuño de 2019.
Sexto.- A presente resolución terá efectos a partires do 17 de marzo e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias, conforme á declaración do estado de alarma.
Sétimo.- Continuar o peche das instalacións e actividades acordados por resolucións previas desta Alcaldía, ao abeiro do establecido no Acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 13 de marzo de 2020 e do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Oitavo.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100