Actualidade
Temática: Covid-19
Data de publicación: 13-03-2020
RESOLUCIÓN: AMPLIACIÓN PRIMEIRO PAQUETE MEDIDAS COVID-19
Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimiento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias.
Realizada a reunión constitutiva do Comité na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias. Asimesmo, por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo do 2020, se adoptaron medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, publicado por Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e se aprobou o Real Decreto-lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder ao impacto económico do COVID-19.
No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta Alcaldía-Presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, así como o establecemento das directrices xerais da acción de goberno municipal e o aseguramento da súa continuidade, contidas no artigo 124.4.a) e c), respectivamente, da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia de de conformidade coas medidas previamente adoptadas por esta Alcaldía no marco do seguimento da situación:
RESOLVO
Primeiro.- Acordar a suspensión de todos os actos públicos organizados polo Concello e actividades e programas municipais dirixidos ao público en xeral nos Xacementos Arqueolóxicos de O Castro e Toralla, dando publicidade na web municipal.
Segundo.- Acordar o peche ao público de todas as áreas de xogo infantil e parques biosaudables, zonas de ocio, tempo libre e deportivas.
Terceiro.- Acordar a suspensión temporal dos mercadillos de Bouzas e Coia polo tempo de duración destas medidas.
Cuarto.- Acordar o aprazamento das festas e actos conmemorativos da Reconquista.
Quinto.- Acordar o peche das instalacións de AQA Vigo Florida, AQA Vigo Barreiro e MQA Navia, na súa condición de complexos de titularidade municipal.
Sexto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100