Actualidade

Avisos

Covid-19: Suspensión de actos públicos, actividades e peche de instalacións municipais para mitigar o contaxio do coronavirus Covid-19

Temática: Covid-19

Data de publicación: 13-03-2020

Por Resolución desta Alcaldía de data 12 de marzo de 2020 acordouse a creación dun Comité de Seguimiento de evolución do COVID-19, coa finalidade de analizar a situación e propoñer a implementación das medidas que se estimen necesarias.

Realizada a reunión constitutiva do Comité na mesma data, propuxéronse unha serie de medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus COVID-19, e a protección da poboación e dos empregados municipais, partindo das recomendacións efectuadas polas autoridades administrativas sanitarias.

No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta Alcaldía-Presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, así como o establecemento das directrices xerais da acción de goberno municipal e o aseguramento da súa continuidade, contidas no artigo 124.4.a) e c), respectivamente, da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia:

RESOLVO:

Primeiro.- Acordar a suspensión de todos os actos públicos organizados polo Concello e actividades e programas municipais dirixidos ao público en xeral, que non teñan carácter asistencial básico, aos que se lles dará publicidade na web municipal.

Segundo.- Acordar o peche ao público de todas as instalacións municipais. Relaciónanse en Anexo á presente resolución, sen carácter exhaustivo, as principais instalacións afectadas, sen prexuízo da actualización de dito listado na web municipal.

Terceiro.- Analizar as posibilidades de suspender ou ampliar os prazos de tramitación administrativa nos termos legalmente establecidos.

Cuarto.- Posibilitar sistemas de traballo non presenciais naqueles supostos xustificados polas características e natureza dos postos, así como en base ás situacións de conciliación persoal ou familiar que o aconsellen; o acollemento ao réxime de flexibilidade horaria, e de ser o caso, as reorganizacións do traballo que resulten precisas. Estas medidas adoptaranse pola Concellería Dda. de Organización municipal, a proposta de cada área de goberno.

Quinto.- Habilitar os mecanismos excepcionais necesarios previstos legalmente para dotar ao Concello dos recursos adicionais precisos para facer frente ás necesidades derivadas desta situación.

Sexto.- Instar dos contratistas municipais a adopción das medidas precisas para mitigar o risco de contaxio do coronavirus Covid19.

Ver documento completo en no anexo

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100