Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: VITRASA CONTA CUN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE O CORONAVIRUS

Temática: Transporte

Data de publicación: 11-03-2020

Vitrasa, en coordinación co Concello de Vigo, ten activado un protocolo de actuación con diferentes medidas para facer fronte a situación que se está a vivir actualmente co coronavirus.

Unha das principais actuacións é a desinfección dos autobuses que se ven aplicando de forma preventiva dende hai xa varias semanas. Para esta limpeza se segue un protocolo que afecta sobre todo ao chan, as portas, as barras, aos asentos e ao posto de condución. Como novidade, estase aplicando un produto desinfectante con activo de cloro moito máis adaptado para este tipo de situacións.

Estase traballando tamén na xeración dunha cita previa telemática para a atención ao cliente e a xestión das Tarxetas PassVigo co obxectivo de evitar a concentración de xente nas oficinas que Vitrasa ten na lonxa do Concello.

Nas instalacións da empresa tamén se está activando un protocolo para todo o persoal co obxectivo de reforzar as medidas de protección persoal recomendadas polas autoridades sanitarias.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100