Actualidade

Avisos

Programa Vigo arrólate! (é necesaria inscrición previa)

Temática: Normalización Lingüística

Data de publicación: 20-11-2019

Charlas sobre pedagoxías alternativas, educar nas emocións, tecendo soños, actividades Montessori... Obradoiros de arrolos, música contada, contos musicados son algunhas das actividades que presenta esta nova programación de "Vigo arrólate!" neste outono-inverno.

Están dirixidas a familias que acabades de ter unha ou un bebé, tendes cativos/as, ou ides adoptar; e mulleres embarazadas.

Achegamos información máis detallada das actividades e iremos anunciado na páxina web snl.vigo.org e no facebook, vigoengalego as actividades, xa que requiren inscrición previa e están limitadas a un número determinado de prazas (AS INSCRICIÓNS SERÁN TELEFÓNICAS -A MEDIDA QUE SE VAIA ABRINDO O PRAZO-, AGÁS NO VERBUM QUE SERÁN CON INVITACIÓN PREVIA).

As actividades son gratuítas.

Charlas, obradoiros, actividades dirixidas a familias, bebés e mulleres embarazadas nos meses de novembro, decembro e xaneiro.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100