Actualidade

Avisos

Delimitación da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa do concello de Vigo

Temática: Medio Ambiente

Data de publicación: 03-06-2019

A Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia obriga ás persoas responsables a xestionar a biomasa forestal nos terreos incluídos na rede de faixas.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión ordinaria de data 9 de maio de 2019, acordou aprobar inicialmente o Documento de delimitación da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa do Concello de Vigo (expte. 104/105).

Esto supón que, naquelas parcelas incluídas nas citadas faixas, non poderá haber as seguintes especies vexetais: Pinus Sp. (piñeiro), Acacia dealbeata (mimosa), Acacia melanoxylon (acacia), Eucaliptus Sp. (eucalipto), Cytisus Sp. (xestas), Pteridium aquilinum (fentos), Rubus fruticosus (silvas), Ulex Sp. (toxo).

Os cidadáns responsables das parcelas incluídas na delimitación da Rede de faixas secundarias poderán consultar se os terreos da súa propiedade ou responsabilidade están incluídos na citada rede de faixas secundarias das seguintes formas:

- Na páxina web do Concello de Vigo: http://www.vigo.org/faixas

- Nas dependencias da Casa Consistorial do Concello de Vigo, sita na praza do Rei, 1, CP 36202, Vigo.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100