Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: O BUS HISTÓRICO PERCORRERÁ OS BARRIOS DE VIGO

Temática: Transporte

Data de publicación: 28-09-2018

No marco do 50 Aniversario de Vitrasa, o Bus Histórico da compañía percorrerá diferentes barrios de Vigo co obxectivo de que as viguesas e vigueses poidan coñecer de primeira man a historia do transporte urbano na cidade. O “Cometa” estará estacionado nas ubicacións que se detallan a continuación dende o luns 1 e ata o sábado 6 de outubro:

  • Luns 1 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: FarolaUrzáiz
  • Luns 1 de outubro. Horario: 17:00-19:00  h. Lugar: Porta do Sol
  • Martes 2 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Peatonal Calvario
  • Martes 2 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Peatonal Calvario
  • Mércores 3 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Mercado Teis
  • Mércores 3 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Navia (explanada Froiz)
  • Xoves 4 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Praza Amériza (diante Instituto Santa Irene)
  • Xoves 4 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Parque Castrelos (entrada)
  • Venres 5 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Bouzas
  • Venres 5 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Centro Comercial A Laxe/nadador
  • Sábado 6 de outubro. Horario: 11:00-14:00 h. Lugar: Samil (se o tempo o permite, de non ser así, CC. Gran Vía)
  • Sábado 6 de outubro. Horario: 17:00-20:00 h. Lugar: CC Gran Vía (Baixada ó Castaño)

Os transeúntes que estean interesados poderán acceder ao interior do vehículo que está totalmente restaurado e para o que se acometeu durante meses un exhaustivo proceso de renovación para recuperar o modelo orixinario que percorría as cidades de Vigo hai 50 anos.

Os visitantes recibirán un folleto explicativo cos 50 anos da historia de Vitrasa na cidade.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100