Actualidade

Avisos

Curso de improvisación oral en verso (CIOV-Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (curso 2017-2018))

Temática: Normalización Lingüística

Data de publicación: 10-10-2017

A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV, continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral e á narración oral

Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2017-2018, en horario de tarde

O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17

Os cursos son gratuítos

As persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: cursos ciov)

CURSOS 2017-2018

1.-Improvisación oral en verso. Achegamento á improvisación (regueifas, brindos, xaneiras...) por conta de Josinho da Teixeira

Datas:

18, 25 de outubro; 8, 15, 22, 29 de novembro; 13 de decembro do ano 2017

10, 17, 24, 31 de xaneiro; 7, 14, 21, 28 de febreiro; 7, 14, 21 de marzo; 4, 11, 18, 25 de abril; 2, 9, 16, 23, 30 de maio do ano 2018

Horario: de 18:00 a 20:00

2.-Narración oral (contos, lendas, historias populares...) por conta de Ana Carreira, Paula Carballeira e Raquel Queizás -COMPLETAS TODAS AS PRAZAS-

Datas:

19, 26 de outubro; 2, 9, 16, 23 de novembro, de 16:00 a 20:00 (profesora Ana Carreira)

11 e 18 de xaneiro; 1 e 15 de febreiro; 1 e 8 de marzo, de 16:00 a 20:00 (profesora Paula Carballeira)

15 e 22 de marzo, 5, 12,19 e 26 de abril, 3 e 10 de maio, de 17:00 a 20:00 (profesora Raquel Queizás)

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100