Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: VITRASA REFORZARÁ O SERVIZO CON MOTIVO DO PARTIDO ENTRE O CELTA E O MANCHESTER UNITED

Temática: Transporte

Data de publicación: 03-05-2017

Este xoves 4 de maio con motivo do partido da UEFA Europa League que enfrontará ao Real Club Celta de Vigo e o Manchester United, Vitrasa reforzará o servizo para facilitar os desprazamentos dos seguidores. En concreto, persoal de inspección controlará na rúa todos os servizos con destino ao estadio de Balaidos ou proximidades para reforzar con máis vehículos se fose necesario. Ao finalizar o encontro, como ven sendo habitual con cada partido, haberá un servizo de lanzadeiras nas inmediacións do Estadio para facilitar os desprazamentos dos seguidores a distintos puntos da cidade.

As liñas que prestan servizo ao estadio son a L5A, L7, L8, L11, L12B, L17, L27 e H2 e intensificaranse as liñas L16 e L23.

Máis información en: http://www.vitrasa.es/php/index.php?pag=secciones/seccion&seccion=17


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100