Actualidade

Avisos

Programación Biblioteca Neira Vilas (Primeiro trimestre 2017)

Temática: Cultura

Data de publicación: 26-12-2016

A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas" (r/ Martínez Garrido, 21) presenta a súa programación para o primeiro trimestre de 2017, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as xa habituais como "A hora dos contos", "Contos Dakí" ou "Entre arrolos e contiños", ademais do club de lectura.

Compleméntase con actividades mensuais como os obradoiros, as mostras bibliográficas ou a celebración do Día Internacional da Poesía (21 de marzo) e do Día do libro infantil e xuvenil (31 de marzo).

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100