Actualidade

Avisos

Aprobación provisional Ordenanzas Fiscais 2017

Temática: Administración Electrónica

Data de publicación: 14-10-2016

O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, celebrado en sesión do 3 de outubro de 2016, adoptou, entre outros, os seguintes acordos de aprobación provisional:

1. Modificación Ordenanza Fiscal Xeral. (1)

2. Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de tracción mecánica. (3)

3. Modificación Ordenanza Fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de Licenzas para Construcións, Obras e Instalacións tramitadas pola Xerencia Municipal de Urbanismo así como pola Administración do Concello. (50)

4. Modificación Ordenanza Fiscal reguladora das taxas por Licenzas de Actividades e Instalacións. (51)

5. Modificación Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de Servizos de Subministración de Auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais. (60)

6. Modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos das escolas municipais de musica e artes escénicas. (40)

7. Modificación Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos pola utilización de VERBUM-Casa das palabras”. (43).

8. Modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos por utilización das Instalacións Deportivas Municipais, pertencentes ó “Instituto Municipal dos Deportes". (52)

Os expedientes atópanse na Oficina de Información deste Concello para información pública e audiencia ás persoas interesadas durante o prazo de 30 días hábiles dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia no 193 de data 7 de outubro de 2016, para que poidan presentar, de ser o caso, reclamacións e suxestións aos acordos de aprobación provisional de conformidade cos artigos 17 do R.D.L. 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e 49 da Lei 7/85 de bases de réxime local.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100