Actualidade: Avisos
Lista de Avisos
- 4/07/2008: Educación. Aprobación das bases para a creación do directorio de empresas homologadas para prestar servizos de inmersión en lingua inglesa dentro do programa municipal PILI-Convocatoria 2008.
- 30/06/2008: Actividades culturais. Campamentos Verán 2008 no Verbum.
- 13/06/2008: Tributos. Exposición pública do padrón de Exaccións U. indutriais, lixo industrial, entrada de vehículos e reserva de aparcamento do 2008 e o padrón da taxa pola recoll.
- 8/04/2008: Museo "Quiñones de León". Bases da convocatoria de 4 bolsas: 1 de arte, 2 de arqueoloxía, 1 de acción didáctica..
- 4/04/2008: Muller. Cursos:.
- 4/04/2008: Animación Socio Cultural. Apertura do prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2008..
- 4/04/2008: Xuventude. Convocatoria específica para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís.
- 4/04/2008: Deportes. Convocatoria para a Concesión de Subvencións a Entidades Deportivas de Vigo temporada 2007-2008.
- 2/04/2008: Educación. Solicitude de Praza nas Escolas Infantís Municipais para Novo Alumnado Curso 2008 / 2009.
- 27/03/2008: Persoal. Aprobación das normas reguladoras do funcionamento das listas de reserva derivadas da execución das ofertas de emprego público do Concello de Vigo..
- 23/03/2008: Mobilidade. Aprobación inical da Ordenanza Municipal reguladora das operacións de carga e descarga.
- 23/03/2008: Varios. Presentación Candidaturas Agrupación Voluntarios Protección Civil.
- 23/03/2008: Tributos. Normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva do Concello de Vigo no presente exercicio:.
- 3/03/2008: Urbanismo. Exposición pública da Ordenanza de axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da inspección técnica de edificacións.
Avisos
PROGRAMA EDUCATIVO MUNICIPAL "AULAS INTERNACIONAIS"PROGRAMA DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA (PILI) CONVOCATORIA 2008 PARA A CREACIÓN DO DIRECTORIO DE EMPRESAS HOMOLOGADAS
A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 27 de xuño de 2008, adoptou entre outros, o seguinte acordo: "Aprobar as bases para a creación do directorio de empresas homologadas para prestar servizos de inmersión en lingua inglesa dentro do programa municipal PILI-Convocatoria 2008".
Aquelas empresas interesadas poden consultar as referidas bases na páxina web do Concello (www.vigo.org) no enlace en "convocatorias", onde disporán da información necesaria para a presentación da solicitude de inclusión no directorio.
As empresas solicitantes deberán presentar a documentación indicada nas bases da convocatoria no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ben directamente, ben polos procedementos legalmente establecidos.
O prazo de recepción da documentación, será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio na prensa local.
Información: Servizo de Educación, Programa PILI.
Rúa Oporto, nº 1, baixo. 36201 Vigo
Email: pili@vigo.org
Web: www.pilivigo.org
Telfs: 986 44 93 62 / 986 44 74 00
Fax: 986 44 93 79
Dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos
O museo Verbum -Casa das Palabras organiza na segunda quincena do mes de xullo de 2008 un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos en horario de 10 a 14 horas do martes 15 ao xoves 31 de xullo agás fins de semana,luns e venres 25.
Normas Campamento (pdf)
Inscripción Campamento (pdf)
Segundo a publicación no BOP núm. 109 de 6 de xuño de 2008, estarán en exposición pública o padrón de exaccións unificadas indutriais lixo industrial, entrada de vehículos e reserva de aparcamento do 2008 e o padrón da taxa pola recollida de lixo-vivendas do ano 2008, dende o 7 de xuño ata o 23 de xuño inclusive, e poderán consultarse nos Negociados de exaccións unificadas industriais e lixo-vivendas, do Concello de Vigo, de luns a vernes, e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador.
As persoas interesadas poderán consultar ditos padróns e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pagamento ou ben directamente interpoñer recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 57/2003 de medidas para a modernización do goberno local.
ANUNCIO
MUSEO MUNICIPAL DE VIGO "QUIÑONES DE LEÓN"
A X.G.L. na sesión extraordinaria e urxente do 13 de marzo de 2008 aprobou as bases da convocatoria de 4 bolsas: 1 de arte, 2 de arqueoloxía, 1 de acción didáctica.
As Bases pódense atopar: na web do Museo (www.museodevigo.org), na web do Concello (www.vigo.org) e no Rexistro Xeral do Concello.
Prazo de presentación ata o 15 de abril de 2008: 10 días hábiles dende a publicación no BOP (3 abril 2008).
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos de carácter gratuíto, dentro da campaña "Vivir en parella é cousa de 2" :
CURSOS PARA MULLERES E HOMES .-
Podo comunicarme mellor
Destinatarios/as: Homes e mulleres que desexen entender ou mellorar as súas relacións cos/coas demais: comunicación, emocións, resolución conflitos, etc.
Inicio: sábado 26 de abril. 20 horas.
Coidado das persoas dependentes
Contidos: hixiene, alimentación, mobilización, descanso e sono, coidar a quen coida ,etc.
Inicio: xoves 24 de abril. 30 horas.
CURSOS PARA MULLERES.-
Reparacións domésticas básicas.
Contidos: fontanería, electricidade, peches, mobles, electrónica.
Inicio: xoves 24 de abril. 30 horas.
Mecánica e electricidade do automóbil
Contidos: motor, a dirección, a transmisión, solución de avarías, freos, neumáticos, mantemento.
Inicio: mércores 23 de abril. 30 horas
CURSOS PARA HOMES.-
Preparo, cociño e comparto
Contidos: Elaboración de menús. Organización e distribución de alimentos no frigorífico. Cesta da compra.
Inicio: luns 5 de maio. 30 horas.
Os coidados que necesita a nosa roupa
Contidos: técnicas de pasar o ferro, lavado, estendido e dobrado de roupa, costura, marcado de prendas . Inicio: martes 22 de abril. 20 horas.
Requisitos para todos os cursos: Ser maior de idade, estar empadroado/a no Concello de Vigo e inscribirse nalgún curso que non realizara noutras edicións.
Inscricións desde o día 7 ao 18 de abril de 2008 (inclusive), as prazas son limitadas.
As inscricións realizaranse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8.00 a 15.00 h.
Máis información: www.vigo.org/igualdade
Tras a publicación o 2 de abril de 2008 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobadas pola Xunta de Goberno local o 13 de marzo), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2008.
As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 3 ata o 22 de abril de 2008, ambos incluídos.
Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñíbel nos servizos de información do Concello de Vigo, na páxina web (www.vigo.org) e no servizo de Animación sociocultural.
-Obxecto da convocatoria: Fomentar a participación xuvenil dos/das mozos/as dentro dos diferentes ámbitos sociais, facilitando o desenvolvemento de actividades promovidas por entidades e/ou grupos xuvenís.
-Destinatarios: - Asociacións e entidades sen ánimo de lucro específicamente xuvenís - Outras entidades e/ou asociacións non específicamente xuvenís - Grupos de mozos non constituidos como asociación
-Crédito da convocatoria: 12.000 €
-Publicación: BOP de 2 de abril de 2008
-Prazo: Ata o 2 de maio de 2008
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria do 13 de marzo de 2008, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2007/2008" (BOP 2 de abril de 2008), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2008 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.00 "Subvención a clubes e entidades sen fin de lucro, un importe total de 569.000 euros (cincocentos sesenta e nove mil euros).
Esta convovatoria, como establece no seu artigo 2, está destinada a entidades deportivas sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos , co obxecto de fomentar o deporte e a práctica deportiva.
Tal como estabrece o artigo 6 das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no BOP, é dicir o 2 de maio de 2008.
As bases e os anexos desta convocatoria están na páxina Web do Concello, www.vigo.org
CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS DURANTE O ANO 2008
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria do 13 de marzo de 2008, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a organización de eventos e actividades deportivas durante o ano 2008" (BOP 2 de abril de 2008), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2008 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.01 "Subvencións eventos deportivos", por un importe total de 130.000 euros (cento trinta mil euros).
Esta convovatoria, como establece no seu artigo 2, está destinada a entidades deportivas sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos , co obxecto de fomentar o deporte e a práctica deportiva.
Tal como estabrece o artigo 6 das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no BOP, é dicir o 2 de maio de 2008.
As bases e os anexos desta convocatoria están na Web do Concello, www.vigo.org
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 3 de marzo de 2008, adoptou entre outros, o seguinte acordo relativo á aprobación das normas reguladoras do funcionamento das listas de reserva derivadas da execución das ofertas de emprego público do concello de Vigo.
"Primeiro.- Aprobar as "NORMAS REGULADORAS DO FUNCIONAMENTO DAS LISTAS DE RESERVA DERIVADAS DA EXECUCIÓN DAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE VIGO" anexas ao presente acordo, que terán validez en relación coas ofertas de emprego público que execute o Concello de Vigo, dispoñendo a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello aos efectos do seu público coñecemento.
Segundo.-Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de 1 MES a contar dende o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de 2 MESES tamén dende o día seguinte ao notificación ou publicación do acto administrativo que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa."
Ver normativa (PDF)
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria de 25 de febreiro de 2008, adoptou o seguinte acordo:
"Primeiro.- Aprobar inicialmente a Ordenanza Municipal reguladora das operacións de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas (exp. nº 74358/210).
Segundo.- Abrir un período de información pública polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións.
Terceiro.- Declarar que, consonte ao establecido no artigo 49.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), de non se presentar ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional, debendo publicarse o texto íntegro da Ordenanza no BOP, entrando en vigor aos 15 días hábiles da súa completa publicación."
No BOP nº 58, de 26 de marzo de 2008, publicouse o anuncio de aprobación inicial plenaria da devandita Ordenanza Municipal xunto co teor literal da mesma. Outórgase un prazo de 30 días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación no BOP, para que os interesados presenten as reclamacións ou suxestións que estimen pertinentes na defensa dos seus dereitos e intereses lexítimos. O prazo de presentación de reclamacións comenza o día 27 de marzo e finaliza o vindeiro 02 de maio de 2008.
Con data 24 de marzo de 2008, a Xunta Electoral da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo, acordou :
I.- A apertura do prazo de presentación de candidaturas que comenzará o vindeiro 31.03.2008 e rematará o 07.04.2008, ámbalas datas incluídas. O lugar de presentación das candidaturas será no rexistro xeral do Excmo. Concello de Vigo, de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados ata as 13:00 horas.
II.- Fixar como data e lugar de celebración das eleccións o vindeiro 27 de abril de 2008, dende as 11.00 horas ata as 19.00 horas, no local da Agrupación de Voluntarios, sito na rúa Pi e Margall nº 69-baixo.
III.- Os seguintes anuncios publicaranse nos taboleiros de anuncios do Concello de Vigo e da sede da Agrupación de Voluntarios.
Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para o padrón do imposto de vehículos de tracción mecaníca dende o 31 de marzo ao 30 de maio deste ano.
N O T A I N F O R M A T I V A
Normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva do Concello de Vigo no presente exercicio:
1º.- O Concello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento que consta de tres exemplares, co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade de depósito colaboradora na recadación municipal (a práctica totalidade das mesmas), ou ben directamente na oficina da entidade de depósito que presta o servicio de caixa da Corporación sita no interior da Casa Consistorial, ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.
2º.- O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a carpeta cidadán do Concello de Vigo (www.vigo.org), opción oficina virtual pagamento de recibos. Este servicio será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.
3º.- As persoas contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán o documento de pagamento, cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello para exercicios sucesivos.
4º.- As persoas contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.
5º-. As persoas contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA, ou ben a través da carpeta cidadán do Concello de Vigo, opción oficina virtual impresión de recibos.
PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA
Por Resolución da Concellalia delegada do area de economía e facenda de data 24 de marzo do 2008, sinálase o período voluntario de cobranza do tributo:
IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
Período de cobranza
Do 31 de marzo ó 30 de maio do 2008, ambos os dous incluídos
Forma de pagamento: Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un xogo de impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso NA OFICINA DA ENTIDADE DE DEPÓSITO QUE PRESTA O SERVICIO DE CAIXA sita no interior da Casa Consistorial, de luns a venres e de 8 a 14,30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican:
BANCO SABADELL-ATLÁNTICO CAJA MADRID
CAIXANOVA BANCO DE GALICIA
CAIXA GALICIA BBVA
LA CAIXA BANCO PASTOR
CAJA DUERO BANCO SIMEON
CAIXA CATALUNYA BANCO ETCHEVARRÍA
SANTANDER SA CITIBANK
BANESTO BANCO MAPFRE
BANCO ESPIRITO SANTO BANCO GALLEGO
BANCO POPULAR BANCO ZARAGOZANO
CAJA ESPAÑA IBERCAJA
BARCLAYS BANK C.A. MEDITERRANEO.
O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a carpeta cidadán do Concello de Vigo (www.vigo.org), opción oficina virtual pagamento de recibos.
Aqueles que non reciban os impresos poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA, ou ben a través da carpeta cidadán do Concello de Vigo, opción oficina virtual impresión de recibos.
Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, iniciarase o período executivo efectuándose a recadación dos recibos non satisfeitos polo procedemento administrativo de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ó pagamento, consonte co establecido no artigo 161 da Lei Xeral tributaria e 68 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.
Aprobada inicialmente en sesión ordinaria do Pleno deste Concello, de data do 25 de febreiro de 2008, a Ordenanza de axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da inspección técnica de edificacións, consonte o previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, exponse ao público o expediente por prazo de 30 días desde a publicación no BOP deste anuncio para a presentación de reclamacións e suxerencias.
