Actualidad

Avisos

Actuacións no Verbum para público familiar nas Festas de Vigo. É obrigatorio o uso de máscara por todas as persoas que acudan ás actuacións.

Temática: Normalización Lingüística

Fecha de publicación: 10-08-2020

Acceso libre ata completar a capacidade

Achégase o cadro das actuacións que terán lugar No Verbum

Por mor da enfermidade do coronavirus é necesario cumprir certos protocolos (entre eles, usar máscara por todas as persoas que acudan á actividade).

Tamén é necesario que leven cuberta unha declaración xurada dos membros da UNIDADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA que estarán presentes na actuación.

Deben acudir á entrada do Verbum ás 12:00 para, POUCO A POUCO, poder ir acomodando nos seus asentos as unidades familiares e empezar a actividade á hora prevista.

PRÉGASE a máxima comprensión e colaboración coa organización para evitar posibles contaxios ou calquera outro imprevisto.

Cando remate a actividade, a saída do Verbum será tamén por unidade familiar, coa mesma orde na que entraron.

Documentación

 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100